• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA General

A UVigo lidera unha investigación sobre a influencia dos conflitos sexuais na evolución dos insectos

A UVigo lidera unha investigación sobre a influencia dos conflitos sexuais na evolución dos insectos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
04/12/2025

O concepto de conflito sexual fai referencia á diferencia de intereses reprodutivos entre os machos e as femias dunha mesma especie, por cuestións como a duración ou a frecuencia dos apareamentos. Este constitúe unha “potente forza selectiva que pode acelerar a innovación” nas características dunha especie, como sinalan desde o grupo de investigación EcoEvo (Ecoloxía Evolutiva e da Conservación), da Universidade de Vigo. Estudar as consecuencias dos conflitos sexuais na evolución da diversidade de comportamentos e estratexias reprodutivas dos insectos é o obxectivo principal do proxecto que este grupo de investigación desenvolve co financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Co catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero e a profesora Maruxa Álvarez como investigadores principais, o proxecto El conflicto sexual y la evolución de los sistemas de apareamiento en insectos (Sexualconflict) conta coa colaboración de investigadores e investigadoras de Ecuador, Fixi, Estados Unidos, Brasil, Nova Zelandia, Colombia, México, Alemaña e China. Trátase, como sinala Cordero, de especialistas cos que o grupo xa traballara previamente en diferentes proxectos e que permitirán desenvolver unha serie de traballos de campo con diferentes especies, fundamentalmente de libélulas, dada tanto a traxectoria do grupo EcoEvo no estudo destes insectos, como a “ampla diversidade de comportamento e anatómica” dos odonatos.

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

28/05/2026

“A reprodución sexual interprétase comunmente como un exemplo de cooperación para un obxectivo común”, mais, ao mesmo tempo, “xéranse tamén conflitos, porque os intereses do macho e da femia poden non ser iguais”, subliña Cordero. Trátase, recoñece, dun campo de estudo recente, no que “aínda temos moito por entender”, en ámbitos como tratar de coñecer como a intensidade destes conflitos pode afectar “á probabilidade de extinción das especies”.

O estudo dun “caso único”

Ao abeiro deste proxecto, o grupo EcoEvo desenvolve, xunto cos colaboradores e colaboradoras internacionais, diferentes liñas de estudo. Unha delas está centrada no que constitúe “un caso único”, como recoñece Cordero, o da espiña vulvar que presentan no seu abdome as femias da donceliña de copa Enallagma cyathigerum. Un estudo previo dos investigadores e investigadoras da UVigo permitiu constatar que, ao cravarse na vesícula seminal dos machos, resulta “unha vantaxe para diminuír o conflito pola duración da cópula”. Como lembra Cordero, en diferentes especies de insectos os machos contan con estruturas anatómicas coas que xeran un dano durante a cópula, reducindo a probabilidade de que as femias se apareen novamente. Mais, os estudos derivados da tese de doutoramento de Anais Rivas, que permitiron por primeira vez coñecer a utilidade desta espiña, constitúen o primeiro caso da situación contraria, na que son as femias as que provocarían un dano aos machos.

Esta estrutura anatómica pode atoparse tamén nas femias de varias especies da familia Coenagrionidade, polo que o grupo EcoEvo busca agora estudar a súa evolución, a través dunha análise filoxenética. “O que intentamos ver agora é en que momento evoluciona, cantas veces ten evolucionado, en que grupos e en que circunstancias”, explica Cordero, así como analizar tamén se esta espiña está a producir unha “coevolución antagonista”, o xurdimento de adaptacións na vesícula seminal dos machos. Por outra banda, entre os experimentos proxectados figura tamén tratar de “colocar unha espiña en especies que non a teñen”, para estudar, no caso de ser tecnicamente viable, os seus efectos na duración das cópulas e se produce un dano nos machos.

Outra das liñas de análise céntrase na existencia nos xenitais masculinos dos cabaliños do demo dunhas espiñas que lles permiten extraer das femias espermatozoides de apareamentos previos, durante a primeira fase da cópula. Dando continuidade a estudos previos do grupo, neste proxecto buscan afondar na hipótese de que estas espiñas “poden ter outras funcións complementarias, como a estimulación dos xenitais femininos” ou o seu uso “como armas sexuais”.

Con traballos de campo na China, outra das liñas de traballo céntrase nun comportamento exclusivo deste grupo de insectos, a translocación de esperma, o proceso polo que os machos transfiren os espermatozoides á súa vesícula seminal. Na maioría das especies, explican, esta prodúcese “despois de agarrar a femia en tándem e antes de comezar a cópula”, pero algunhas “desenvolveron un comportamento novidoso”, como realizala despois da cópula, o que podería derivarse dun conflito sexual vinculado “a unha competencia espermática moi intensa”.

A intensidade do conflito sexual

Outra das liñas de traballo céntrase nos diferentes graos de intensidade destes conflitos sexuais, a través do estudo de dous xéneros de libélulas endémicos de Fixi, que presentan unhas porcentaxes moi superiores de femias que de machos ou das que non se rexistrou ata o de agora a existencia destes últimos. “Queremos ver se naqueles casos onde hai poucos machos, hai tamén menos conflito”, sinala Cordero, ao tempo que buscarán tamén avaliar os efectos desta situación na súa diversidade de comportamentos.

No marco deste proxecto, o grupo EcoEvo leva tamén a cabo unha análise sobre os efectos da poliandria, o apareamento con varios machos, sobre a fecundidade, fertilidade e lonxevidade das femias, centrada nunha revisión da bibliografía existente sobre este tema. Do mesmo xeito, a análise de investigacións previas é tamén o punto de partida do traballo centrado en “comprender a ecoloxía do conflito sexual”. Esta liña abrangue ademais a realización de estudos con insectos que viven na superficie da auga, de grupos “ecoloxicamente similares” aos zapateiros e dos que “non se sabe case nada do seu comportamento”, recoñece Cordero. A través destes experimentos, os investigadores buscarán analizar como afecta ao conflito sexual “a taxa de encontros entre machos e femias”, que será maior naquelas especies cuxa vida transcorre nun “hábitat bidimensional”, o que fai prever que este “sexa máis intenso”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar
General

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar

...

PorÁngel Vila
29/05/2026
La patronal gallega dice no tener "miedo" a un gobierno de BNG-PSOE si es "un gobierno estable"
General

La CIG carga contra "el poder" que la Xunta "da a las mutuas" en las bajas

...

PorEuropa Press
28/05/2026
El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control
General

El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control

...

PorÁngel Vila
06/04/2026
O Porriño vibra al máximo con un desfile de Entroido que llenó las calles de felicidad y diversión
Fiestas

O Porriño quiere sumar a todo el mundo a sus desfiles del Entroido con hasta 29.500 euros en premios

...

PorMetropolitano
27/01/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X