• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA General

Bewats, o proxecto que emprega satélites e drones para monitorizar o lixo mariño na costa galega

Bewats, o proxecto que emprega satélites e drones para monitorizar o lixo mariño na costa galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
01/06/2021

A loita contra o lixo mariño desenvólvese en múltiples frontes, pero a estratexia máis eficiente é evitar que estes residuos rematen nos océanos, xa que a súa retirada, en moitos casos, é imposible. É o que sucede cos microplásticos, partículas de menos de 5 mm froito da degradación de envases, botellas, prendas, etc. Para controlar e frear a chegada destes obxectos aos ecosistemas mariños, a comunidade científica está a desenvolver diversos sistemas e mecanismos que permitan coñecer a súa orixe e percorrido. Un dos proxectos que se está a desenvolver neste eido é Bewats (Beach Waste Tracking System), impulsado por investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias Matemáticas (CSIC-UAM-UCM-UC3M) e financiado polo programa Pleamar 2019 da Fundación Biodiversidade. O seu obxectivo é desenvolver ferramentas innovadoras para monitorear a procedencia e o destino do lixo mariño a través de imaxes de satélite e de vehículos aéreos non tripulados equipados con cámaras.

Tras un ano de traballo, o equipo liderado por Fernando Martín, investigador do Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) de atlanTTic acaba de presentar os resultados do proxecto, unha continuación da iniciativa europea LitterDrone. Bewats naceu en decembro de 2019 e centrou o seu traballo en tres frontes: por unha banda, a mellora dos resultados obtidos no proxecto predecesor; por outra, a aplicación de modelos de correntes e mareas para predicir puntos de orixe e destino do lixo e, finalmente, a detección por satélite de residuos plásticos flotantes no mar.

Másnoticias

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo

07/06/2026
Arranca la Fiesta del Cine en Vigo con descuentos, ¿qué películas podrás ver en la ciudad?

Arranca la Fiesta del Cine en Vigo con descuentos, ¿qué películas podrás ver en la ciudad?

07/06/2026

O proxecto centrouse nas rías de Vigo e Pontevedra, incluíndo o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, xa que “ás costas galegas chegan refugallos mariños, principalmente plásticos, impulsados polas fortes correntes oceánicas”, explican os investigadores.

Avances na detección remota do lixo mariño en tres eidos

Fernando Martín, investigador do Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) de atlanTTic

Fernando Martín explica que neste ano e medio de traballo conseguiron mellorar os resultados obtidos en Litterdrone en diversos eidos. Por unha banda, integraron na aplicación “un método sinxelo para crear mosaicos de imaxes a partir de fotos soltas, aínda que sen chegar ao nivel de aplicacións profesionais como Photomodeler ou Pix4D, pero útil en voos rectos”. Tamén foron quen de integrar métodos que permiten fusionar imaxes de varios voos ou de varias cámaras nun mesmo voo “para poder utilizalas conxuntamente, así como integrar novos métodos de detección de residuos, coa posibilidade de elixir método e configurar parámetros en tempo de execución”. Ademais, engade, tamén traballaron na investigación de métodos específicos para detectar plásticos flotantes con imaxe infravermella e no desenvolvemento de cámaras experimentais para esta labor e na integración de novos métodos de identificación para tipos de residuos comúns, como botellas, latas ou tapóns...

O segundo bloque de traballo, centrado na aplicación de modelos de correntes e mareas para predicir puntos de orixe e destino do lixo, correu a cargo do Icmat, Instituto de Ciencias Matemáticas, en concreto do grupo dirixido por Ana Mª Mancho. Estudaron “os fluxos nas Rías Baixas e norte de Portugal detectando un fluxo importante entre a desembocadura do río Miño e as Rías Baixas (illas Cíes, ría de Pontevedra, ata Sanxenxo).

Para o terceiro bloque, sobre a detección por satélite de residuos plásticos flotantes no mar, subcontratouse a GMV, unha empresa con ampla experiencia en tecnoloxía satélite, que desenvolveu un método que ofrece resultados prometedores para localizar pequenas cantidades de plástico. Para iso crearon un innovador enfoque baseado en datos remotos para a detección do lixo empregando imaxes do satélite Sentinel-2, proporcionadas polo programa Copernicus, e técnicas de Machine Learning. atlanTTic, pola súa banda, creou outro método útil para grandes masas (https://arxiv.org/abs/2103.09560). “Tamén colaboramos con GMV colocando ‘dianas’, unha serie de obxectos de plástico en posición coñecida, a veces na praia, outras flotando, para poder validar o seu método”. Entre os experimentos levados a cabo, instaláronse nas inmediacións da illa de Toralla balsas plásticas flotantes á hora na que pasaba o satélite Sentinel-2. Isto permitiu probar algoritmos de detección de plástico e obter imaxes mediante drones. Tamén desenvolveron probas na desembocadura do río Miño ou na praia de Rodas, nas illas Cíes.

Finalmente, o grupo de investigación I-Mark da UVigo, pertencente ao centro Ecobas, realizou un estudo sobre a posible aplicación comercial da tecnoloxía desenvolvida. Os investigadores concluíron que os resultados son “prometedores contando con clientes no sector público”.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar
General

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar

Llega el gran desfile militar y exhibición aérea del Día de las Fuerzas Armadas (DIFAS) en Vigo. ¿Cómo llegar a Samil?

PorÁngel Vila
29/05/2026
La patronal gallega dice no tener "miedo" a un gobierno de BNG-PSOE si es "un gobierno estable"
General

La CIG carga contra "el poder" que la Xunta "da a las mutuas" en las bajas

Además, denuncia que "no figura ninguna garantía" sobre el acceso de las mutuas a la historia clínica de los trabajadores

PorEuropa Press
28/05/2026
El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control
General

El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control

La alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, señala que el fuego se originó por el incendio de un tractor que se propagó por las fuertes rachas

PorÁngel Vila
06/04/2026
O Porriño vibra al máximo con un desfile de Entroido que llenó las calles de felicidad y diversión
Fiestas

O Porriño quiere sumar a todo el mundo a sus desfiles del Entroido con hasta 29.500 euros en premios

O Porriño prepara el Entroido a lo grande y busca comparsas para su desfile. Acaba de publicar las bases y ofrece hasta 29.500 euros en premios

PorMetropolitano
27/01/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X