• Hamburguesas Nigrán
  • Vigo SeaFest
  • Restaurante Vigo
  • Entroido Vilaboa
  • Conciertos de Castrelos
  • Ayudas alquiler
  • Fiestas en Baiona
  • Uber en Vigo
  • Barbacoa en la playa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA General

O Centro de Linguas da UVigo lanza un catálogo de cursos de cinco idiomas

Centro de Linguas (Universidade de Vigo)

Centro de Linguas (Universidade de Vigo)

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/09/2022

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo ofertará no primeiro cuadrimestre do curso 2022-2023 cursos de cinco idiomas, alemán, inglés, italiano, portugués e española como lingua estranxeira, e de diversos niveis. A docencia, como vén sendo habitual dende a pandemia da covid-19 será esencialmente virtual ou semipresencial, tratando así de facilitar que o alumnado poida compaxinar os horarios e compatibilizar as clases con outras actividades.

A inscrición está aberta ata o próximo 25 de setembro e poden acceder todas as persoas maiores de 16 anos que queiran aprender, mellorar ou acreditar o seu nivel de dominio da lingua, tanto se forman parte da comunidade universitaria da Universidade de Vigo como se son persoas alleas.

Másnoticias

Vigo también disfruta de los conciertos en Castrelos en sesión vermú: este domingo, Carla Lourdes

10/07/2025

¿Sí o no a Uber en Vigo? La empresa de VTC sigue operando pese a las amenazas del Gobierno local

10/07/2025

As principais novidades desta convocatoria son os cursos específicos de alemán e inglés. No que respecta ao alemán, ofértase o curso Aprende alemán viaxando, pensado para aquelas persoas que queiran participar nun programa de mobilidade cunha universidade alemá, que vaian asistir a un congreso ou mesmo que vaian facer turismo e precisen coñecer conceptos básicos para desenvolverse durante a súa estadía.

No que se refire ás novidades de inglés, ofértase un curso de conversa de nivel intermedio para alumnado que xa acreditou un nivel intermedio de inglés e quere mellorar a súa expresión oral antes de avanzar. Tamén se lanza o curso Hold on to your English, para o alumnado que xa acadou un alto nivel de inglés e está interesado en manter o seu nivel cunha sesión semanal de conversa nun entorno distendido e, finalmente, un obradoiro de pronuncia para solucionar dúbidas ou eivas na pronuncia do inglés. Estas tres opcións desenvolveranse en modalidade presencial no campus de Vigo.

Oferta completa

Así, para este primeiro cuadrimestre o Centro de Linguas oferta diferentes niveis e modalidades en cinco idiomas. As persoas interesadas en formarse en alemán poderán elixir entre un curso semipresencial de nivel A1.1 e outro virtual de A2.1, ademais da nova aposta para aprender alemán viaxando.

En lingua inglesa, impartiranse cursos semipresenciais dos niveis B1.1, B2.1 e C1.1 e en modalidade virtual de A2.1, B1.1, B2.1, C1.1 e C2.1. A estes súmanse as tres novidades de conversa de nivel intermedio, o curso Hold on to your English e o obradoiro de pronuncia. Todos estes cursos terán continuación no segundo cuadrimestre, cando se realizan os exames de acreditación de nivel incluídos no curso.

No caso da lingua italiana, ofértase un curso virtual de nivel A1 e para o portugués, un curso virtual de iniciación de nivel A2. Finalmente, a oferta do CdL complétase co Español Lingua Estranxeira, ELE, do que se ofertan cursos presenciais dos niveis A1, A2, B1 e B2 e virtuais de B1 e B2. Estes cursos están destinados ao alumnado internacional que chega á Universidade de Vigo para estudar materias en castelán pero precisa mellorar o seu nivel para empregar a lingua na redacción de traballos escritos ou en presentacións orais de carácter académico, e tamén ao alumnado que vén estudar materias en inglés ou materias English-friendly pero ao mesmo tempo precisa adquirir nocións de castelán.

Ademais dos cursos formativos nos diferentes idiomas, o Centro de Linguas ofrece tamén á comunidade universitaria e ao público en xeral a posibilidade de acreditar os seus coñecementos de idiomas a través de diversas convocatorias de exames oficiais.

Así, por unha banda, realízanse dúas convocatorias anuais do exames CertAcles, que comprende unha acreditación con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Durante o primeiro cuadrimestre, a convocatoria terá lugar o 27 de outubro (B1) e o 28 de outubro (B2). Outras das convocatorias son os exames propios do Centro de Linguas, unha acreditación expedida pola Universidade de Vigo tras superar os exames dos cursos de alemán, ELE, italiano ou portugués en decembro ou en maio.

A través do CdL tamén se pode realizar os exames deTOEFL, unha acreditación con validez nos Estados Unidos e na maioría das institucións educativas do mundo. Na Universidade de Vigo, o Centro de Linguas administra unha media de cinco convocatorias anuais, que durante este curso que comeza terán lugar o 17 de setembro, 10 de decembro, 14 de xaneiro, 11 de febreiro e 6 de xuño.

Finalmente, tamén se ofrece a posibilidade de obter o DELE (Diploma de Español Lingua Estranxeira), unha proba do Instituto Cervantes para todas aquelas persoas non castelán-falantes que precisen acreditar o seu nivel de castelán. Ao longo do curso académico, adminístranse na Universidade de Vigo catro convocatorias, estando xa concretadas as dúas primeiras datas para o 9 de setembro e o 19 de novembro.

Formación do profesorado

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo imparte tamén un curso de formación de profesorado recoñecido polo Instituto Cervantes Iniciación á ensinanza de ELE, dirixido a persoas que queiran comezar a súa vida profesional ensinando a súa lingua noutros países ao mesmo tempo que aprenden outras linguas ou amplían os seus estudos.

Temas: idiomasUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

¿Cómo justifica el Concello de Vigo no dar permiso a las Fiestas de Coia? Así es el informe interno

...

PorÁngel Vila
24/06/2025
Enfoque

Renfe modifica los horarios de varios trenes en Galicia a partir del 9 de junio, seis de ellos en Vigo

...

PorMetropolitano
24/05/2025
General

La Guardia Civil registra un buque en el Puerto de Vigo para investigar si transporta droga

...

PorEuropa Press
15/05/2025
Foto: Mercado Reciclado
General

El Mercado Reciclado más sostenible llega a Vigo este fin de semana con múltiples actividades

...

PorIván Dacal
02/05/2025
Enfoque

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia co seu dron Peregrinus

PorMetropolitano
10/07/2025

A nave é froito do traballo de 46 estudantes de diferentes titulacións do campus - É o único representante galego na XtraChallenge 2025

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X