O Teatro García Barbón acollerá este venres, 13 de abril, a presentación do novo traballo de Treixadura. "Inda Canto" será o sétimo disco de Treixadura, un dos grupos referentes da música galega que recolle a tradición e pon en valor a súa riqueza cultural.
A cita comezará ás 21:30 horas do venres nun concerto no que, logo de vinte e oito anos de traxectoria, o grupo aposta por reinventarse e seguir andando camiños musicais, sempre a carón da tradición. Composto por 12 cancións, Inda canto "responde á necesidade de Treixadura de seguir cantando e tocando".
Desde 1990 Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Durante este tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, pero sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.
Entrevista | Xabier Díaz: “É preciso crear unha marca noratlántica para amosar a nosa singularidade”
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional. Treixadura é, ante todo, un grupo recoñecido pola súa recuperación do patrimonio cultural galego.
As entradas para o evento están xa á venda a través de Ataquilla cun prezo que arranca nos 4,5€.
Rueda reivindica la apuesta de la Xunta con la mejora de la vida de los vigueses, apostando por las infraestructuras, la sanidad, la vivienda o la cultura
Uno de los lotes fue retirado antes de la puja después de que el Ayuntamiento de A Illa manifestase su interés en él
Una mujer ha sido atropellada en Redondela. El accidente se produjo a primera hora en la zona de Chapela
El reo, que tuvo que ser retenido por otros funcionarios de la cárcel pontevedresa, fue trasladado a la prisión de Teixeiro
Este miércoles arrancó la inscripción de esta nueva edición de la Competición de Robots, que se celebrará el 25 de abril
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL