Alertas
viernes, 24 de marzo 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A igualdade nas aulas, na ciencia e nas prisións, eixo dos traballos recoñecidos cos Premios Sofía Novoa

A igualdade nas aulas, na ciencia e nas prisións, eixo dos traballos recoñecidos cos Premios Sofía Novoa
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/01/2023

O deseño de propostas e recursos didácticos que axuden a promover unha reflexión crítica respecto dos estereotipos de xénero nos centros educativos, así como a dar visibilidade ás mulleres cineastas; xunto coa análise da representación da muller na divulgación científica e da situación na que se atopan as reclusas nas cárceres españolas. Este conxunto de temáticas centran os traballos de fin de grao e mestrado recoñecidos pola Deputación de Pontevedra nos Premios Sofía Novoa. A sede da institución provincial en Vigo acollerá este venres o acto de entrega dos catro premios e dous accésit, recoñecidos con 1000 e 600 euros, respectivamente, outorgados na sétima edición duns galardóns que distinguen os traballos do alumnado dos campus de Vigo e Pontevedra que “fomentan, consolidan e contemplan a perspectiva de xénero”, segundo salientou esta institución.

Na categoría de traballos de fin de grao (TFG), o xurado decidiu premiar os proxectos O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil, da egresada de Ciencias da Educación e do Deporte Raquel Álvarez, e Visibilidade e representación da muller na divulgación científica: análise crítica da revista National Geographic en 2020, da exalumna de Filoloxía e Tradución Elena Moldes. Así mesmo, outorgou un accésit á titulada da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Alba Fernández por Muller e prisión en España. Na modalidade de traballos de fin de máster (TFM), foron recoñecidos tres traballos defendidos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Concretamente, os premios foron para O álbum e a novela gráfica como recurso didáctico para unha educación en igualdade na ensinanza das artes plásticas en secundaria, de Nuria Bouzas, e Proposta de dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato, de Rebeca López Villar; mentres que o accésit foi para Emma Juncal por Análise dos estereotipos de xénero no alumnado de Educación Infantil enmarcado nas ciencias experimentais.

Másnoticias

A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade

A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade

23/03/2023
A arte urbana enche de cor e reivindicación feminina a renovada piscina municipal da Cañiza

A arte urbana enche de cor e reivindicación feminina a renovada piscina municipal da Cañiza

22/03/2023

Educación, divulgación científica e discriminación nas prisións

“Xa coñecía estes premios e para min era un soño ser galardoada”, sinala a graduada en Educación Infantil Raquel Álvarez, recoñecida por un TFG centrado en abordar os estereotipos xénero nunha aula de educación infantil. O proxecto que levou a cabo coas profesoras Eulalia Agrelo e Azucena Arias como titoras baséase “nunha simbiose do traballo por proxectos co álbum ilustrado”, coa que deseñou unha serie de experiencias que empregaban a literatura infantil “como fonte de motivación, reflexión e información”, que puxo en práctica, a través dunha serie de contacontos, no CEIP Plurilingüe Montemogos de Bueu. Os resultados deste proxecto, sinala, amosan o “acaído” dunha metodoloxía que ofreceu a nenos e nenas “un espazo de debate e reflexión sobre os estereotipos de xénero, desenvolvendo en boa medida a súa capacidade crítica”, o que á súa vez a pór o foco na “necesidade de fomentar a igualdade dende os primeiros anos de escolaridade”.

“Faime moita ilusión recibir un premio que valora a perspectiva de xénero”, engade Elena Moldes, quen buscou coñecer a representación e visibilidade da muller nun “ámbito das humanidades”, como é a divulgación científica. Nun traballo titorizado por Susana Rodríguez Barcia, a xa graduada en Tradución e Interpretación analizou as “canles de visibilidade da muller” nos números da revista National Geographic publicados en 2020, para concluír que a inclusión que se observa nos contidos, “semella ser máis unha ben estratexia, xa que, ao profundar máis, vese que o home segue dominando a divulgación científica”. Neste punto, explica que se ben a porcentaxe de autoras e de autores dos artigos era relativamente parella, existía unha “diferencia de preto do 40%” do número de expertos e expertas citados neles. Porén, un dos aspectos “máis representativos” foi a análise de como as mulleres eran representadas nas fotografías da revista xa que estas “aparecían en preto do 90% das imaxes perpetuando roles de xénero”.

Tamén na categoría de TFG, outorgouse un accésit ao traballo que Alba Fernández centrou nunha “realidade tan invisibilizada como é ser muller en prisión”. De feito, esta graduada en Dereito recoñece a “especial ilusión” que lle supón este recoñecemento, “non só por min, senón tamén por todas as mulleres reclusas”. Titorizado pola profesora Marta García, o seu traballo presenta, a través dunha revisión bibliográfica e da información solicitada a Instituciones Penitenciarias, unha aproximación á situación actual deste colectivo en España. Esta lévaa á súa vez a concluír que a “poboación recluída feminina está completamente discriminada”, tanto por “cumprir condena nun establecemento que non foi deseñado para ela e que non ten en conta as súas necesidades”, como por “sufrir a sensación de culpabilidade por ser unha muller en prisión e deixar de lado o que se espera delas nunha sociedade patriarcal”.

Recursos educativos para promover a igualdade no bacharelato

Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, Nuria Bouzas premiada polo seu traballo final para o mestrado de profesorado, centrado nas potencialidades didácticas da novela gráfica e o álbum ilustrado para introducir nas aulas temas transversais como as problemáticas de xénero. Titorizado por Begoña Paz, o seu TFM pon o foco nos “condicionantes que permiten a rotura das figuras estereotipadas femininas e masculinas” na banda deseñada, “destacando a relevancia dos cambios xurdidos no medio gráfico, para así facer fincapé en como a través de estratexias visuais se constrúe un discurso que favorece unha educación en igualdade”. Bouzas Loureiro presenta no seu TFM unha selección de obras que abordan desde diferentes perspectivas “a problemática dos estereotipos de xénero”, coa idea de pór de relevo a influencia que ten “a personificación tanto visual como narrativa dos xéneros” á hora de traballar “valores de igualdade”.

Tamén doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea Rebeca López Villar foi igualmente premiada polo seu traballo final para o mestrado de profesorado. O seu “interese polos estudos de xénero, a linguaxe e o cine” serviu neste caso como punto de partida para un TFM que centrou no desenvolvemento dun “recurso didáctico destinado ao profesorado de Cultura Audiovisual”, dirixido a “facilitar a incorporación de referencias femininas” na docencia desta materia en bacharelato. Trátase dun “prototipo de dicionario de termos cinematográficos”, que toma como punto de partida a investigación sobre a representación da muller no audiovisual que realizara para a súa tese e que levou a cabo coa profesora Cristina Varela como titora, tras comprobar que o currículo educativo “non rexistraba o traballo das mulleres no eido cinematográfico”, ademais de que “non respectaba a linguaxe inclusiva”.

Ademais, recoñeceuse cun accésit o TFM de Emma Juncal no máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas, centrado nos“estereotipos de xénero presentes no alumnado de segundo ciclo de educación infantil”, titorizado por Azucena Arias e María Lorenzo. A través dunha “observación guiada” e dun “instrumento constituído por vinte tarxetas de oficios” relacionados coas disciplinas STEAM, “no que as mulleres apenas están representadas”, puido constatar que estes “estereotipos xa se atopan presentes en etapas tan temperás”, o que á súa vez lévaa a pór de relevo a súa satisfacción por ser recoñecida nuns premios que distinguen a persoas “que estamos tratando de achegar o noso gran de area para mellorar unha sociedade na que os estereotipos de xénero afectan a todas as áreas da nosa vida”.

Temas: Deputación de PontevedraUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Más noticias

El Camino Portugués bate registros en el mes de febrero con cerca de 800 peregrinos y peregrinas
Enfoque

El Camino Portugués bate registros en el mes de febrero con cerca de 800 peregrinos y peregrinas

...

PorMetropolitano
23/03/2023
Enfoque

Baiona activa un plan especial de tráfico con motivo de la celebración de la Vig-Bay

...

PorMetropolitano
23/03/2023
Albufeira elige Vigo para mostrar en Galicia los encantos de este icónico enclave del Algarve
Enfoque

Albufeira elige Vigo para mostrar en Galicia los encantos de este icónico enclave del Algarve

...

PorMetropolitano
23/03/2023
A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade
Enfoque

A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade

...

PorMetropolitano
23/03/2023
A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade
Enfoque

A UVigo organiza, por primeira vez en Galicia, as xornadas nacionais de ciberseguridade

PorMetropolitano
23/03/2023

As Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad terán lugar, por primeira vez en Galicia, durante o mes de xuño na cidade olívica

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X