O Día Internacional contra a Violencia de Xénero celebrouse este ano na Universidade de Vigo baixo o lema 'Con homes feministas, mulleres sen medo', “unha frase coa que facer énfase nas violencias sexuais pois, coma toda violencia de xénero, é a forma en que o sistema patriarcal garante que todo siga igual, disciplinando e corrixindo de xeito persuasivo, pero tamén coactivo, ás mulleres fronte a este verdadeiro drama social”, explica a responsable da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, facendo fincapé en que “algo vai profundamente mal nun modelo que produce tanto sufrimento”.
Esta violencia contra as mulleres só se pode entender, tal e como destacan desde a Área de Igualdade, nun continuo cultural propio das sociedades patriarcais. “A violencia sexual contra as mulleres é unha das estratexias patriarcais para perpetuar unha orde política desigual”, explican no texto elaborado con motivo desta data pola Área de Igualdade. Convívese con este maltrato en diferentes niveis de intensidade e condiciona e limita a vida das mulleres, desde o acoso sexual –nas rúas, nos espazos de traballo e en calquera ámbito- ata os intentos de consumar un acto sexual ou calquera outro modo de coaccionar a sexualidade das mulleres. “Comportamentos perigosamente asumidos como habituais ata o punto de que, en ocasións, nos resultan difíciles de identificar e nomear como as violencias que son”. “Temos a oportunidade histórica de cambiar o presente e imaxinar un futuro que acolla unha vida mellor: máis xusta, máis harmónica e, por tanto, feminista. Necesitamos facelo real”, remata este particular ‘manifesto’ da Unidade de Igualdade da UVigo, quen subscribe e asina tamén os manifestos da Rede de Unidades de Género para la Excelencia Universitaria e da Conferencia de Reitores das Univesidades Españolas CRUE.
A responsable da Unidade de Igualdade foi unha das participantes este mediodía na concentración celebrada na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, coorganizada pola coordinadora de Igualdade do centro, a profesora Marta García Mosquera, e a Delegación de Alumnado. Fuxiron do formato ‘minuto de silencio” para propor unha lectura de textos anónimos, enviados pola propia comunidade universitaria, que respondeu así a chamada que fixeron desde a organización á pregunta: que é o que ti calas cando fas un minuto de silencio por unha vítima de violencia de xénero?
Todos os textos recibidos foron lidos como textos anónimos, tanto polas persoas implicadas na organización –Marta García Mosquera, Ana Giráldez, Ana Torres e Penda Sow- como por outras persoas que voluntariamente quixeron pór voz ás distintas reflexións que foron chegando á delegación de alumnado e que, un a un, se foron pendurando nun gran mural cheo de mensaxes contra a violencia.
Este 25 N foi tamén a data elixida pola Unidade de Igualdade para lanzar unha serie de vídeos divulgativos que se empregarán ao longo de todo o ano como materiais didácticos e de sensibilización co obxectivo de convidar á reflexión, “sobre todo a eles, aos mozos máis novos” sobre as situacións de violencias, acosos, agresións... que sofren as mulleres só polo feito de selo”, explica Gómez, ao tempo que recalca a idea de que moitas veces elas son tratadas “de xeito subhumano, cosificándoas e sen ningún tipo de empatía”. Nesta liña a responsable da Unidade de Igualdade fixo fincapé en que “os mandatos da socialización informal que reciben os mozos na nosa cultura a través dos produtos culturais mainstream con mensaxes misóxinas, ou a través do propio relato pornográfico que está a incrementar estas violencias contra as mulleres, incluso en contornas de amizade, coñecidos, parellas ou ligues dunha noite”.
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL