Jesús Recouso (Mareas Locais): "O transporte é unha eiva histórica. É necesario un bus entre as parroquias"

Publicidad

Que motivos lle daría ás veciñas e veciños de Nigrán para que elixan a súa candidatura este domingo?

Somos unha candidatura de xente moza. Que non tivo nada que ver coa política e que traemos ideas en positivo. Non queremos discutir cos demais, senón colaborar para facer algo novo. Somos unha candidatura limpa e temos gañas de construír un Nigrán diferente e solucionar os problemas que levan demasiado tempo.

No caso de ser alcalde ou estar no goberno, como se imaxina o Nigrán de dentro de catro anos?

Eu alcalde non vou ser, case seguro. Pero vou facer forza para intentar ter un transporte público con liñas pequenas que permitan atender as demandas. Un Nigrán moito máis verde e ecolóxico. A praia está chea sempre de cangrexos mortos e plásticos. En definitiva, queremos un Nigrán verde, con transporte e cheo de contido cultural de calidade.

Cales son os retos a nivel cultural que ten Nigrán?

A número dous da lista, que é actriz, di que Nigrán está cheo de teatro e actuacións amateur, que hai que promocionalas, pero hai que sumar actividades culturais de profesionais. Que ademais subvenciona a Deputación, polo que é unha cuestión de vontade. Habería que buscar un referente quen os identifique. Igual que Cans ten o seu festival, nos poderíamos buscar outro. O cinema sobre ecoloxismo é unha opción moi interesante.

Con que expectativas encarades as eleccións municipais?

Non nos presentamos nunca antes. Sendo honestos, esperamos poder lograr un concelleiro e, entremos ou non, intentar levar ideas ao Pleno para, se non somos nós que outros poidan aportalas. Queremos construír, non nos importa ter unha silla máis ou menos. Esteamos dentro ou fóra é un proxecto a longo prazo para que as cousas se fagan.

Estariades dispostos a entrar nun goberno de coalición?

Todo é cousa de falalo. Ao final hai que deixar ao marxe as típicas pelexas persoais e actitudes infantís. Hai que poñer por diante o que a xente queira. Falar cos veciños e que eles decidan. O importante son os veciños, non que persoa senta no Xogo de Tronos.

Que sería para vós un bo resultado?

Entrar na corporación sería un bo resultado.

E un malo?

Calquera que non sexa entrar, pero hai que mirar o lado positivo sempre das cousas. Se non o logramos, temos catro anos máis para construír. Temos un grupo de xente e unha forza moi positiva. O mal resultado pode ser bo, sempre dependendo como o encares.

Por que un votante de esquerdas debe votarvos?

Nos últimos anos dende a esquerda sempre hai moitas intencións pero falta concretar. A xente que case non leva propostas que cambien os problemas estruturais de Nigrán pode que ao final logren cambiar algo, pero non o demostraron. Nós chegamos para demostrar e se non o conseguimos non estaremos nas próximas eleccións. Queremos ser efectivos. Porque somos un voto de confianza en algo novo, estamos limpos.

Que propostas ten a súa formación a nivel turístico?

Propoñemos aplicar a tecnoloxía, a realidade virtual, ao Castro de Chandebrito, agora que se vai converter nun museo aberto. Debe potenciarse nas parroquias interiores un modelo de turismo aplicado ao sendeirismo ao estilo das Illas Azores. E en terceiro lugar, apostar polo turismo cultural.

Que opinión ten sobre a renuncia das bandeiras azuis?

A priori é certo que a organización que manexa as bandeiras azuis non é transparente, pero tamén é certo que se deixamos de lado estas insignias tamén podemos caer na tentación de deixar de coidar as praias, que xa non están moi ben. Propuxemos crear un distintivo ecolóxico que sexa propio do Concello pero auditado por organismos externos como a Universidade. Que garanta que o goberno está facendo o que ten que facer.

No verán hai en Nigrán eventos como o Vive Nigrán, o Solpor, o Nigranjazz ou o Season Fest, que fariades con estas citas?

Potenciar os festivais está ben, pero non deben estar soamente no litoral, senón tamén deben dar vida á parte interior das parroquias que son sempre os máis esquecidos. Tamén hai que poñer especial control na limpeza porque a xente deixa moitos desperdicios e se traen plásticos ao mar imos mal. Pero potencialos e que nos convertan en referentes está ben.

Xa sei que non é competencia municipal, pero ¿tedes algún plan forestal para evitar que ocorra unha traxedia como a de Chandebrito?

Hai que falar coas Comunidades de Montes para fomentar o cultivo de especies autóctonas. Propoñemos un “bosque comestible”. A Comunidade de Montes de Couso é un referente. Eles piden axuda na distribución, porque buscar as canles é difícil. Aí a administración debe axudar.

Que proxecto lle ilusionaría a Jesús Recouso facer por Nigrán?

O proxecto que me preocupa é o transporte. É unha eiva demasiado histórica. Vivo nun barrio onde hai moita xente maior e moitos dependen dos veciños máis novos para que os leven en coche. Precisan unha alternativa económica para ir ao médico ou a facer a compra. O transporte afecta a todas as idades, en bloque, e ten que ser unha prioridade.

Estás dacordo na constitución da Área Metropolitana de Vigo?

O problema é que depende dos líos que teñan Caballero e Feijóo. A min o cascarón que me dea a ferramenta dáme igual. Hai que colaborar coa comarca para ter ferramentas entre todos para ter mellores servizos. Se non hai área metropolitana non podemos dicir “que magoa” e non facer nada. Hai que loitar por servizos decentes.

MAREAS LOCAIS NIGRÁN

Fai clic aquí para ver a lista completa

MANIFESTO MIÑOR-EN MAREA-MAREAS LOCAIS (M.M.-E.M.)

1. JESUS RECOUSO TRESANDI

2. BEGOÑA MARIA MIGUEZ MENDES

3. ROGELIO “LETE” PEREIRA ALONSO

4. TERESA PILAR PRADOS COSTOYA

5. XULIO CASTAÑAL ESPINOSA

6. DAMARIS SANCHEZ OTERO

7. ALEJANDRO RECOUSO TRESANDI

8. ESTELA MALVIDO LAGO

9. ADRIAN PEREZ GALAN

10. BRUNO JULIO CENTELLES GARCIA

11. PAULA LIJO JIMENEZ

12. ALEJANDRO GOMEZ DIEGUEZ

13. MARIA JOSE GONZALEZ SANMIGUEL

14. ANXO JORGE MARTINEZ

15. ALEJANDRO BUSTO PEREZ

16. MARIA CARMEN SOLEDAD VALCARCEL JUAREZ

17. JOSE PINTADO VALVERDE

Suplentes

Sin candidatos

Salir de la versión móvil