José Fervenza (PP): "Temos que encauzar Moaña cara ó turismo durante todo o ano"

Publicidad

En poucas palabras, que motivos lle das aos veciños e veciñas de Moaña para que elixan a túa papeleta o día das eleccións?

Moaña vén dunha parálise importante nos últimos catro anos e dun abandono total. O que pedimos e volver a darlle ilusión á xente e aos 39 barrios de Moaña para poder recuperalos e darlle o que se merecen.

Como imaxinas a Moaña de dentro de catro anos se o PP volve á alcaldía?

Co proxecto que temos queremos encauzar a Moaña cara o turismo para que o comercio e hostalería poidan ter unha oportunidade. Temos case 20.000 habitantes e entendemos que o potencial é o turismo. Estamos a 15 minutos de Vigo e necesitamos poñer en valor o que temos: praias, turismo, mar e montaña.

Cales son os retos culturais de Moaña?

Somos berce de grandes persoas que puxeron a Moaña no mapa. Queremos recuperar as festas tradicionais e intentar crear máis eventos culturais. Moaña necesita algo moi importante: temos corais e unha gran banda de música e é lamentable que non haxa onde poidan actuar. Non temos auditorio. Foron catro anos perdidos.

Construirá o PP un auditorio municipal en caso de chegar á alcaldía?

Imos a comezar o auditorio municipal. Na lexislatura pasada había un compromiso da Deputación de Pontevedra de 1,5 millóns para iniciar as obras. Había que urbanizar e chegar a un acordo cos propietarios. Esta lexislatura é o momento de inicialo. Non vou a enganar a ninguén e dicir que estará rematado, pero si estarán iniciadas as obras.

O actual goberno critica a situación económica de endebedamento que se atopou en 2015. Que opinión tes ao respecto?

Moaña non tiña que deber un duro e debe seis millóns de euros ou sete ou oito. Non nos fiamos das contas. Hai que facer unha auditoría. Non é verdade o que din. A débeda a baixan os impostos dos veciños. Cando unha casa pagaba 90 euros de IBI no 2009 agora paga case 300 euros. Ademais, tres persoas teñen dedicación exclusiva o que supón un gasto de máis de medio millón de euros. Non están facendo nada por baixar a débeda. Cando o PP chegou no 2011 ao goberno en minoría a débeda era de 20 millóns e o remanente negativo era de 8 millóns, o orzamento dese momento. Cando deixei o Concello sendo alcalde era positivo. Foi o desastre dos bipartitos e tripartitos. Cando chegamos debían máis de tres millóns de euros a Sogama e Mancomunidade.

Como valoras esta lexislatura?

Ineficacia total. Non se colocou nin unha sola baldosa. As estradas provinciais están abandonadas. Agora están cos venres de chapapote en plena campaña electoral intentando enganar á xente, pero a xente é máis intelixente que iso.

Que papel debe xogar Moaña no campo turístico?

O turismo non ten que ser 15 días no verán. Ten que estar en marcha todo o ano porque o pequeno comercio e hostalería teñen que vivir todo o ano. Temos que reinventarnos e intentar que a xente de Vigo se acerque a Moaña e que todos os meses do ano haxa eventos culturais. Precisamos tamén mellorar as infraestruturas.

Cres que poderás recuperar á alcaldía?

A teñen que recuperar os veciños. Eu non teño nada que recuperar. Estivemos en contacto directo cos veciños e os últimos venres de mes durante os últimos catro ano fixemos asembleas abertas. Se os veciños entenden que o PP estivo á altura nos darán a súa confianza, se entenden que non fixemos un traballo adecuado e que o bipartito resolveu os seus problemas teñen varias opcións. O PP foi sempre a forza máis votada.

Cal sería un bo resultado?

O bo resultado é o que decidan os veciños. Toca esperar o que digan as urnas e acatar o resultado. Os veciños teñen a última palabra.

Con quen negociaría o PP para poder chegar a un pacto de goberno?

O PP sempre estivo aberto a negociar con calquera forza política, menos co BNG.

Manterás eventos como Morrasound ou Moaña Antiqua?

Moaña Antiqua a puxo en marcha xa o goberno do Partido Popular, é unha iniciativa nosa. Todos os eventos que se fagan, veñan de onde veña, como o Morrasound que é moi interesante, parécenme moi importantes para Moaña.

Que se xoga Moaña o 26 de maio?

Moaña xógase ter un goberno cercano onde haberá uns concelleiros a disposición dos veciños. Que cada vez que vaias ao Concello non te dean coas portas nas narices.

Un gran proxecto para Moaña.

O presentaremos nuns días.

En relación ao centro de saúde, castiga a Xunta a Moaña porque a alcaldía non é do PP?

Cada un que faga a súa valoración. Quen está castigando a Moaña é o BNG e o PSdeG. A día de hoxe non se puxo nin un só metro cadrado a disposición do Sergas. Non se firmou ningún convenio. Pasaron catro anos, non catro meses nin catro días. Cada un que valore. Creo que o bipartito non lle quere dar a satisfacción ao señor Alberto Núñez Feijóo de poder dotar a Moaña desa gran infraestrutura. O goberno bipartito está castigando a toda Moaña. Se a Xunta castigara aos moañeses non estaría onde estou.

Nas últimas semanas hai xente reclamando unha rúa para Iago Aspas. Consideras que é prioritario?

Penso que o merece. O merece. Xa se ten falado e moitos veciños nos teñen trasladado dalgunha maneira facelo fillo adoptivo e darlle unha rúa.

PP MOAÑA

Fai clic aquí para ver a lista completa

PARTIDO POPULAR (PP)

1. JOSE FERVENZA COSTAS

2. SONIA RIVEIRO MARTINEZ

3. ARACELI OTERO PASTORIZA

4. VICTOR ALEJANDRO CARBALLAL BEVEGNI

5. DANIEL GONZALEZ COELLO

6. SILVIA RUEDA IBAÑEZ

7. JOSE ANTONIO FEVENZA OTERO

8. LUCIA GONZALEZ COELLO

9. ALBERTO DEL RIO SANTOME

10. ROMINA SANTOME PEREIRA

11. VICENTE VERDEAL RIOS

12. CARLOTA ZABALETA BAQUEIRO

13. JOSE ANTONIO SEBASTIAN MONTES

14. ZULEMA CAMAÑO FERNANDEZ

15. DIEGO RAMIRO CAMIÑA CALVAR

16. MARIA PILAR MASIDE SOLLA

17. ESTEBAN GONZALEZ RUA

Suplentes

1. JAIME TENORIO PASTORIZA

2. SARA RODRIGUEZ DA SILVA

3. AURELIO FREIRE GONZALEZ

4. RAQUEL FARIA PENA

5. JOSE CARLOS MARTINEZ COELLO

6. SHEILA FERNANDEZ COBAS

7. JORGE LUIS VIDAL ALONSO

8. JOSE LUIS COUSO GALLEGO

9. ENRIQUETA FERNANDEZ CARBALLO

10. JOSE PASTORIZA PAZO

Salir de la versión móvil