José Ramón Estévez (Podemos): "Un bo resultado sería entrar no goberno para comezar a mover cousas"

Publicidad

Que motivos lle da ás veciñas e veciños de Baiona para apoien a súa candidatura este domingo 26 de maio?

Dende Unidas Podemos Son En Común propoñemos que a xestión do Concello sexa máis participativa, que teña atención directa co veciño e que non sexa só unha participación activa en canto a decidir, que nós acompañen en todos os pasos que leva adiante o Concello como a decisión de lugares, de materiais, de todo. Isto acompañado dunha transparencia en todo o proceso e tanto a nivel orzamentaria como calqueira outro tema rexeitando as prácticas corruptas que se viñan dando por amiguismo e outros temas. Que o veciño poida xestionar calquer papeleo de forma sinxela.

No caso de ser alcalde ou ocupar un posto no goberno, como imaxinas Baiona dentro de catro anos?

Gústanos imaxinar que imos ter unha vila amable que para nós é unha vila con emprego de calidade sostible, que haxa vivenda a prezos asumibles tanto de aluguer como compra. Cun transporte entre parroquias e na área metropolitana que poida ser máis sinxelo para toda a veciñanza como por exemplo que se poida ofertar ao Hospital Álvaro Cunqueiro ou ao CUVI sen ter que facer paradas e cambios de autobús. E que teñamos aparcamento, un dos grandes problemas que hai agora en Baiona. Por iso propoñemos facer parkings disuasorios para poder deixar o vehículo e achegarse a pé ou en bicicleta cara o centro da vila. Baiona tamén será unha vila verde respectando o entorno da Foz, que está con problemas de contaminación e coidando os manantiais, así como recuperar os servizos de ambulancia 24 horas que o goberno do PP retirou hai oito anos.

Cales son os retos a nivel cultural que ten Baiona?

Estamos moi comprometidos coa educación. Cremos que é algo que vén dende abaixo. Hai que fomentar a participación de grupos e artistas locais, que hai moitos e practicamente descoñecidos, e ter un abanico máis amplo de programación durante todo o ano, que non se centre só nos meses estivais.

Baiona é un dos concellos que vai contar con máis candidaturas, temes que exista unha fragmentación que desencadee un escenario de ingobernabilidade?

Ao contrario. Nós cremos que as decisións deben ser tomadas entre todos. Canto menos fragmentado, máis sinxelo que as decisións veñan só dunha parte. Haberá que chegar a acordos entre todos e haberá que negociar para poder chegar a acordos que sexan máis duradeiros.

Entendo que estariades dispostos a formar parte dun goberno de coalición...

Iso entendemos. Cremos que non vai haber unha maioría absoluta que permita gobernar só a ninguén. Estaríamos abertos a estudar posibilidades.

Intúo que eses acordos serán cos partidos de esquerda

Preferiblemente.

No ámbito político, temes que a presenza de moitos partidos de esquerda favoreza ao bloque de dereitas (PP, Ciudadanos e Vox)?

Os partidos de esquerda creo que aparece un máis. En cambio, nos partidos de dereitas ata o de agora só había un e empezan a fragmentarse. Eu creo que é o contrario. Penso que isto será máis beneficiario para a esquerda.

Pensas que sucedería como nas eleccións xerais non?

Si. Pensamos que a xente que vota a Vox ou Ciudadanos non é xente que nos votaría a nós. Máis ben ao contrario. É xente que antes votaba ao PP, co cal esta ausencia de votos restaríalle a maioría absoluta que ten agora.

Que sería para vós un bo resultado este 26 de maio?

Un bo resultado sería entrar no goberno aínda que sexa de coalición para poder empezar a mover cousas.

E pola contra, un mal resultado?

Mal resultado sería un goberno no que quedemos fóra.

Que medidas propoñedes para desestacionalizar o turismo en Baiona?

Propomos abrir o abanico de actos e eventos cara a cidadanía. Que non se centren as actuacións nos dous meses do verán e poida haber variedade de diversificación durante todo o ano. Ademais abrilo tamén ata as parroquias, que dende sempre están esquecidas. É dicir, non centrar todo no centro de Baiona.

No caso de entrar no goberno, que fariades nos vosos primeiros 100 días?

Primeiro estudar todo o que queda feito. Mirar os proxectos que hai, se son viables ou propostas que fai o PP para tentar gañar votos e a partir de aí comezar a traballar para conseguir máis vivenda. Propomos comezar a usar o censo que determina que vivendas teñen os bancos baleiras para promover o aluguer. Tamén potenciar o comercio local apoiando ao pequeno empresario para que comece a rexurdir a vila.

Estás a favor da constitución da Área Metropolitana de Vigo?

Si. De feito hai uns días entre todos os concellos que se presentan do noso grupo ás eleccións, firmamos un manifesto no que nos comprometemos a levar adiante esa Área Metropolitana, sobre todo no tema de medio ambiente e transporte.

Que se xoga Baiona o 26 de maio?

Xógase seguir cunhas prácticas de inacción que está levando o PP agora mesmo ou cambiar a unhas prácticas nas que se fomenten todos estes cambios dos que estivemos a falar agora.

Que proxecto lle gustaría facer a Unidas Podemos Son En Común por Baiona?

Gustaríanos recuperar esa casa de oficios, que tamén a retirou o goberno do PP, atendendo a oficios sostibles que poidan facer que as vivendas que están case destruídas no centro da vila, no casco histórico, se recuperen atendendo con materiais de proximidade e de reciclado.

UNIDAS PODEMOS BAIONA

Fai clic aquí para ver a lista completa

UNIDAS PODEMOS SON EN COMUN 
(UNIDAS PODEMOS SON EN COMUN)

1. JOSE RAMON ESTEVEZ BRAO

2. ELSA LILIANA VAZQUEZ LORENZETTI

3. NATALIA VIZCAINO LENCE

4. AGUSTIN SILVA RODRIGUEZ

5. GUILLERMO PENAS MORALES

6. ANTIA FERNANDEZ GONZALEZ

7. MARTIN SILVA BERMUDEZ

8. MARIA ROSA LEYENDA NOGUEIRA

9. ANDRES REFOJOS MENESES

10. SILVIA RODRIGUEZ PEREIRA

11. HERMES SALCEDA RODRIGUEZ

12. NURIA PALAMIDESSI VAZQUEZ

13. JOSE JOAQUIN PENAS CORTES

14. MARIA DE LA ESTRELLA DIEZ GARCIA

15. FRANCISCO JAVIER NOVOA LORENZO

16. MARIA DEL PILAR PRUDENCIA MARCOTE LAGO

17. SILVANO MONTES SANCHEZ

Suplentes

1. OLGA GUTIERREZ MARIN

2. ESTEBAN CUEVAS RAPOSO

3. IRIA CORREA LEYENDA

4. SUSANA GOCE GONZALEZ

5. FRANCISCO JAVIER ALVAREZ MOREIRA

Salir de la versión móvil