Román González (GañaMós): "En catro anos imaxino un Mos cun proxecto de casco urbano en marcha"

Publicidad

En poucas palabras, por que os veciños e veciñas de Mos deben escoller a papeleta de GañaMós?

En primeiro lugar, porque somos o único grupo que ten un programa de goberno real pensado e feito para os veciños e veciñas. Somos un partido totalmente honesto, transparente e leal á veciñanza, como así o demostramos ao longo da lexislatura. Estamos do lado da veciñanza en canto a anulación da modificación do PXOM para evitar o pelotazo urbanístico nos montes de Tameiga. Temos un proxecto de atención aos nosos maiores, como converter o vello Rebullón nun centro socio sanitario, algo que o goberno do PP nos plaxiou no seu programa.

Como te imaxinas o Mos de dentro de catro anos?

Totalmente apacible e no que os nosos mozos queiran quedarse. Cun proxecto de vivendas de Protección Oficial adaptado as súas necesidades para que non teñan que emigrar a outros concellos. Un Mos cun proxecto de casco urbano en marcha e cun plan de emprego adaptado as necesidades do concello.

Que retos ten Mos a nivel cultural?

Temos que crear un consello de asociacións culturais para que teñan cabida todas as asociacións -que son moitas- e poder poñerse de acordo para que non se solapen os actos de unhas e outras. Aí queremos debater as melloras e propostas para o mellor funcionamento do tecido cultural que é tremendamente rico. Tamén queremos mellorar a sinalización do Camiño de Santiago, que é algo que se está demandando con urxencia.

Como veciño de Tameiga e coa polémica que rodea ao proxecto de Mouriño, consideras que estas eleccións son fundamentais para Mos?

Fundamentais é quedarse corto. É de extrema importancia para o conxunto de todo Mos. Se Nidia Arévalo logra unha maioría absoluta non cabe dúbida de que haberá unha guerra entre Nidia Arévalo -que vai intentar expropiar este monte para cederllo a unha entidade privada- e as veciñas e veciños que nos imos poñer diante das escavadoras e de quen faga falta. Por iso son tremendamente importantes estas eleccións.

Se es alcalde, que farás co proxecto do Celta?

O primeiro será eliminar esa modificación puntual do PXOM si ou si. Se o señor Mouriño quere traer un centro comercial, temos o Polígono Industrial da Veigadaña que está practicamente baleiro. Aí sería unha opción para un centro comercial, pero a única posibilidade real e concreta é eliminar esa modificación do PXOM e non dar cabida ao pelotazo urbanístico.

A renuncia do anterior voceiro, Francisco Vázquez Troitiño, non vos prexudica?

Hoxe penso que non. O traballo feito en GañaMós dende que Troitiño deixou o grupo fortaleceuse, mellorou e foi sempre cara adiante, non se mirou debilitado en ningún momento.

Antes de comezar a campaña o PP defundiu supostas ilegalidades na reforma da túa vivenda, que tes que dicir?

Non vou a entrar ao trapo na política de salsa rosa de Nidia Arévalo. Demostra que o traballo tan mal feito do seu goberno o quere disimular sacando política basura e propaganda dunha persoa que, a día de hoxe, non é nin cargo público. Está nas mans dos avogados e nas próximas datas se saberá algo. É unha publicidade rastrera que demostra o que é o Partido Popular e Nidia Arévalo.

Que farías nos teus primeiros 100 días de goberno?

Faremos unha auditoría para saber o estado real das contas do Concello. Está moi endebedado e intervido polo Ministerio de Facenda. Queremos saber as facturas que se deben, porque temos coñecemento de que moitos provedores e pequenos empresarios están sen cobrar por esta pésima xestión económica de Nidia Arévalo. En segundo lugar, eliminaremos a modificación puntual do PXOM.

Como faredes para facer fronte a esas débedas e á vez desenvolver o voso programa?

Coa auditoría -na que se se demostra que houbo fraude o goberno de Nidia Arévalo acabará nos tribunais- poderemos saber o que poderemos facer. Marcaremos unha orde de prioridades, porque senón sería facer unha política de promesas. Non practicamos esa vella política.

Botades en falta veciños de máis parroquias?

Si, é complicado lograr que a xente se involucre, pero estamos moi contentos coa lista que temos. Está xente moi competente, preparada e con moitas ganas e agora mesmo non botamos en falta nada.

Estariades abertos a formar un goberno tripartito se o PP non logra maioría absoluta?

Estamos destinados a entendernos. En función dos resultados debemos sentarnos e non levantarnos até chegar a un acordo polo ben do Concello de Mos ten que ser así. É innegociable.

Falabas dun casco urbano que Mos non ten, onde sería?

Hai varias opcións. Ampliar a zona residencial de Sanguiñeda que é case unha prolongación do casco do Porriño, ou senón intentar ampliar a zona de San Eleuterio coa creación dun novo polígono de vivendas de protección oficial. Tamén poderíase ampliar a zona de Puxeiros.  Estas opcións teñen que estar unidas a eliminar a peaxe da AP9 para reducir o tráfico da A55 -unha estrada da morte- e humanizar ese vial polo paso das zonas residenciais e poder modificar o PXOM.

Ser un concello limítrofe con Vigo ten prexudicado máis que beneficiado a Mos?

Está claro que a A55 é unha ferida que leva moitos anos facendo sangrar a Mos. O Concello está dividido por esa autovía. A nosa proposta, que foi levada ao Congreso, é lograr a eliminación da peaxe na AP9 para poder desviar o tráfico.  Esa proposta, tras moito traballo, foi aprobada polo Congreso e o PP con Mariano Rajoy negouse ilegalmente a levala a cabo e agora o PSOE tampouco parece que queira. Nidia Arévalo vetouna no Concello e agora se mostra como valedora cando no seu día a vetou.

Es partidario de reactivar a Área Metropolitana?

É completamente necesario para todos os concellos da área e do propio concello de Vigo. Somos totalmente partidarios.

Que gran proxecto lle gustaría a GañaMós facer ao fronte da alcaldía?

 A creación dese casco urbano, a dinamización do pequeno comercio e a liberación do tráfico na A-55 sería algo moi positivo. Pero tamén hai propostas a nivel cultural ou deportivo.

GañaMós - Asemblea Veciñal

Fai clic aquí para ver a lista completa

GAÑAMOS ASEMBLEA VECIÑAL (GañaMos)

1. ROMAN GONZALEZ GARRIDO

2. ROBERTO CARLOS RODORIGUEZ DASILVA

3. MARIA AURORA GIRALDEZ LEIROS

4. CRISTOBAL RAMON LOPEZ PAZO

5. MARIA SOLEDAD LEMOS PEREIRA

6. ANTONIO MANUEL PASARIN RUA

7. MARIA ESTHER DOMINGUEZ DOMINGUEZ

8. GONZALO PEREZ VAZQUEZ

9. RAQUEL DOMINGUEZ SANTERVAS

10. MIGUEL ANGEL RODRIGUEZ ALONSO

11. MONICA ROMERO RIVAS

12. ALEJANDRO GARCIA MACEIRA

13. MARIA DE LOS ANGELES FERNANDEZ AGRA

14. SAMUEL REY COSTAS

15. CATALINA COYA SOLIÑO

16. DENIS PEREZ ALONSO

17. MARIA DEL PILAR PORTILLA VIDAL

Suplentes

1. MARIA TRINIDAD VILLAR GUTIERREZ

2. DIEGO SEIJO ALONSO

3. MARTIN VAZQUEZ FERNANDEZ

Salir de la versión móvil