Violeta de Santiago (PSOE): "É necesario que a cultura se achegue tamén ás parroquias"

Publicidad

Que motivos lle das ás veciñas e veciños de Tomiño para que apoien a súa candidatura o vindeiro 26 de maio?

Creo que teñen que depositar a nosa papeleta na urna porque o xeito de gobernar actual é algo autoritario, pouco transparente e incluso mentíndolle aos veciños. É un goberno que traballa de costas á veciñanza. Nós pensamos que é o momento de dar un cambio a este tipo de políticas.

No caso de ser elixida alcaldesa, como imaxinas o Tomiño de dentro de catro anos?

Imaxino un Tomiño no que todas e cada unha das parroquias sexan iguais e cos mesmos dereitos que os núcleos urbanos de Tomiño e de Goián. Unha das preocupacións que poñen as veciñas e os veciños é o abandono no que están as parroquias. Neste último mandato non se fixo practicamente ningunha inversión e a xente está moi descontenta.

Cales son os retos culturais de Tomiño?

A nivel cultural hai un reto que é maiúsculo como é a creación dunha biblioteca. É incrible que un goberno progresista en doce anos de mandato fose incapaz de impulsala cando os rapaces do instituto non teñen un lugar onde xuntarse para facer os traballos de grupo e teñen que facelos en cafeterías. É impresionante que se gasten máis de 40.000 euros en proxectos, en consultarías ou reunións para o tema da biblioteca e sen embargo non haxa nada. Outro desafío é acercar a cultura ás parroquias posto que só se fan actos culturais nos núcleos de Tomiño e de Goián. Cremos que é necesario que a cultura se achegue ás parroquias para que todos os veciños teñan acceso a ela.

Cree que a ausencia de Centristas de Tomiño lle pode beneficiar?

Penso que nos beneficiará particularmente a nós. Centristas de Tomiño tiñan bastantes votos prestados do Partido Socialista, co cal confío que eses votos volvan o vindeiro 26 de maio.

Cal é o voso obxectivo nestas eleccións?

O noso obxectivo é gañar as eleccións. Veremos que din as veciñas e veciños. As sensacións que temos son moi positivas. Estamos tendo moito apoio e temos moita ilusión. Aspiramos a sacar un magnífico resultado.

Pensades que desta si vai crecer o PSOE?

Si, estamos absolutamente convencidos de que imos crecer.

Que se fixo mal neste goberno de 12 anos do BNG?

Se fixeron mal moita cousas. Evidentemente se fixeron cousas, estaría ben que non se fixera nada en doce anos de mandato. Pero a maioría das cousas que se fixeron por e para a veciñanza foron no primeiro mandato do tripartito. Nos seguintes mandatos, xa coa maioría absoluta do BNG, o principal erro foi que se dedicaron grandes recursos a grandes proxectos que non repercutiron na veciñanza como a Fortaleza que está abandonada. O error é gobernar dunha forma ostentosa e deixar os grandes problemas da xente sen resolver.

Que proxecto lle gustaría liderar en Tomiño?

Me gustaría liderar e implantar o saneamento. Cremos que no século XXI non é de recibo que a xente non poida gozar deste servizo que é obrigatorio. Esta ademais é unha gran demanda de parte do Concello.

No caso de ser alcaldesa, potenciaría aínda máis a Eurocidade?

Consideramos que é unha ferramenta estupenda para promocionar o Concello e para atraer turismo, pero cremos que agora mesmo beneficia máis a Vilanova que a Tomiño. Temos moito patrimonio pero está en mal estado, temos un tramo do Camiño de Santiago que está sen potenciar e abandonado. Nestes momentos, o diñeiro que ven de Europa para a Eurocidade é para poñer a Tomiño no mapa, para dalo a coñecer e é unha mágoa porque nin sequera temos un cartel que indica a entrada no Concello e non temos nada que poida facer apetecible achegarse a Tomiño, nin sequera a praza de abastos que é o buque insignia deste goberno. Cremos que hai que potencialo máis. Trataremos de potenciar un turismo sostible é pensamos que a Eurocidade é unha ferramenta potente que si poderíamos aproveitar.

Que plans ten con respecto ao turismo?

As opcións que temos de turismo é un turismo de natureza, de rutas de sendeirismo, temos uns muíños que habería que potenciar, temos patrimonio, un tramo de Camiño de Santiago. Todo isto hai que comezar de cero porque partimos practicamente dunha base nula.

Que se xoga Tomiño o vindeiro 26 de maio?

Tomiño xógase entre decidir entre un goberno que di que escoita pero que logo non fai o que os veciños demandan ou un goberno que goberne para a xente e coa xente. Que os veciños demandan un parque e o goberno sexa quen de pórlle un parque e non dicir que están en contra dos columpios. Por moito que digan os expertos que os columpios non sexan bos, se a veciñanza o quere, hai que ofrecelo. O que non pode ser é que o goberno intente dirixir incluso os xogos dos máis cativos.

Con quen pactaría para gobernar?

Aínda non plantexamos ese escenario. En todo caso sería o partido quen tivera que decidir. Nós xa pactamos co BNG e teño que dicir que ao PSOE non lle beneficiou electoralmente. Agora mesmo non podo respostar a esa pregunta. Habería que estudialo e habería que velo segundo as circunstancias.

Un desexo para Tomiño...

Desexo que Tomiño sexa un concello aberto, plural, un concello no que a xente sexa a protagonista da política e que eles sexan os que decidan onde se invisten os seus cartos porque o diñeiro é das veciñas e dos veciños, non dos dirixentes.

PSOE TOMIÑO

Fai clic aquí para ver a lista completa

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)

1. MARIA VIOLETA DE SANTIAGO MOURE

2. MIRTA ISABEL MISA MISA

3. MARIA SOL ALVAREZ VAZQUEZ

4. MANUEL LEIROS TOUCEDO

5. FERNAN MUÑOZ DE SANTIAGO

6. ROSA MARIA MARTINEZ RODRIGUEZ

7. ALFONSO LORENZO VILA

8. ANA ISABEL SILVA MIGUEZ

9. JAIME CERVIÑO VILANOVA

10. ADRIAN BLANCO DORADO

11. MARIA DEL CARMEN ARGIBAY ROLAN

12. GAEL RIAL PRIETO

13. MARIA MERCEDES PORRITT LUEIRO

14. MARIA DOLORES PRIETO GRANJA

15. MARIO FERNANDO PINO ALONSO

16. NOELIA RIVEIRO GONZALEZ

17. JOSE BENITO POUSA VICENTE

Salir de la versión móvil