O Concello de Mos organiza o sábado, 9 de setembro, unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), para a que xa abriu o prazo de inscrición. O parque, situado cerca de Oporto e con espectaculares vistas ao río Támega, conta con tres tobogáns, pistas rápidas, piscinas e áreas para os máis pequenos.
O prazo de inscrición nesta actividade rematará o 1 de setembro e o prezo da viaxe será de 7 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 12 euros para o resto de persoas de 12 a 65 anos; sempre e cando estean empadroados/as en Mos. O menores de 5 anos non terán que pagar e poderán acudir de balde.
No caso dos non empadroados de 0 a 4 anos tamén poderán viaxar gratuitamente, metres que de 5 a 11 anos e maiores de 65 pagarán 10 euros, e de 12 a 65 anos 15 euros.
As inscricións poderanse facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos en horario de 09.00 horas a 14.00 horas e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04.
A partida da viaxe o día 9 de setembro farase ás 09.30 horas da mañá e o regreso será ás 21.00 horas.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL