O Concello de Nigrán abre do 23 de novembro ao 11 de decembro o prazo de inscrición na ludoteca de Nadal, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro de 9:00 a 14:30 horas cun custe total de 10 €. “A finalidade é proporcionar aos cativos actividades de carácter educativo e lúdico facilitando ao mesmo tempo a conciliación da vida laboral e familiar”, explica o alcalde, Juan González.
O número de prazas ofertadas estará limitada a 60 para garantir así un correcto ratio de atención aos pequenos e poder desenrolala coa máxima calidade. Poderán solicitar a súa praza nenos nados entre 2005 e 2014 con preferencia para os empadroados en Nigrán ou non empadroados con pais traballadores no municipio ou cun negocio.
Os formularios de inscrición poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, no CIM (antiga estación do tranvía en Panxón) ou da páxina web e deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas ou na sede electrónica do Concello de Nigrán en calquera momento pero sempre dentro do prazo (sede.nigran.org). Para máis información poden obtela no teléfono 986383081 ou no correo electrónico [email protected].
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
La nueva rectora de la UVigo pide a la Xunta "financiación y confianza" y una apuesta por la universidad pública. Carmen García Mateo toma posesión
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL