Os rastrexos, esa actividade de ocio nocturno na que grupos de persoas compiten por realizar un determinado percorrido no menor tempo posible namentres que están suxeitos a diferentes probas, estanse a espallar cada día máis e agora tamén entre os cativos e cativas.
Deste xeito, a Asociación Nosa Terra de Pereiras organiza para o vindeiro sábado, 26 de agosto, un rastrexo infantil para nenos de entre 5 e 12 anos. En total, poderán participar un máximo de 25 grupos, e dicir, en torno a 250 rapaces, nunha actividade adaptada aos rapaces.
Debido as súas características, o rastrexo arrancará ás 17:00 horas e cada grupo de nenos deberá estar acompañado por entre un e dous adultos. O prezo da actividade é de 2,50€ por rapaz e para anotarse é necesario enviar un correo electrónico a [email protected]
Nesta ocasión, ao tratarse dun rastrexo infantil, non estará ambientado no alén, senón que xirará en torno a unha temática circense. A súa lonxitude será de 3,5 km.
Se trata de International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento que, por primera vez en su historia, se celebra en España
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL