Pakolas, o álter ego de Paco Cerdeira, regresa este venres 30 de abril a Redondela para despedir o mes de abril cunha tarde de música en familia. O músico galego guiará aos asistentes coa súa forza interpretativa e o seu humor nun espectáculo onde a interacción e a participación dos nenos e nenas, ademais das caracterizacións, son o principal atractivo para o público.
A cita con “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” arrancará ás 18:00 horas na Alameda Castelao dentro do programa Venres Cativos. A entrada é de balde e libre até completar o aforo, máis reducido do habitual debido á norma anticovid.
No concerto, artista e pequenos cantarán a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
Así, a través das cancións e a narración irán saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés a quen lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time. Todo ata chegar a “Benvidas ao Futuro” cando se cantará por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natureza.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL