O Nadal de Vigo non se vive soamente na zona cero do centro urbano. Os diferentes barrios da cidade organizan tamén diferentes actividades coas que dinamizar e encher de música e alegría as rúas durante estas festas.
No caso do Calvario, a Asociación de Veciños e a de Comerciantes, en colaboración co Concello de Vigo, suman ao longo deste mes unha vintena de actividades que deron comezo esta pasada fin de semana e rematarán o día 4 de xaneiro.
Para os máis cativos, o Apalpador percorrerá o paseo peonil entre a rúa Jesús Fernández e o Mercado o vindeiro sábado, 22 de decembro, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Esta lendaria personaxe do Nadal galego, represéntase cun xigante que viste roupa remendada, unha característica boina, fuma pipa e ten unha rechamante barba rubia. Segundo conta a lenda, o 31 de decembro baixa da montaña para visitar aos nenos e nenas galegas namentres dormen.
Tamén visitará aos máis cativos outra estrela, aínda que máis internacional, como é o Papá Noel. Neste caso chegará dende a Laponia o 21 de decembro, un día antes que O Apalpador, para percorrer as rúas do Calvario pola mañá e realizar unha recepción para todos os nenos e nenas a partir das 16:30 horas fronte ao Mercado.
Por último, o paxe e carteiro real achegaranse ao Calvario durante dúas xornadas. Estará no barrio vigués tanto o 30 de decembro entre as 17:00 e as 20:00 horas como o 3 de xaneiro, no mesmo horario.
Ao longo das festas, o paseo do Calvario converterase vivirá en pleno espírito de Nadal con diferentes actuacións de rondallas, pandereteiras e animacións infantís. Asemade, tamén se celebrarán as tradicionais danzas de Ranchos de Reis.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL