A Deputación de Pontevedra abre este luns, 28 de xuño, o prazo de inscrición para a primeira das DepoAndainas deste verán, que transcorrerá o domingo 18 de xullo pola Vía Verde que une os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa. As persoas que desexen realizar esta actividade, destinada á poboación en xeral e de carácter gratuíto, terán que encher un cuestionario que está dispoñible na web da Deputación ata completar o aforo de 200 prazas. O prazo para inscribirse remata o 12 de xullo e, no momento no que se completen as prazas, todas aquelas persoas que queiran participar na actividade pasarán a formar parte dunha lista de agarda na que se incluirá a un máximo de 100 persoas.
O percorrido desta primeira DepoAndaina será circular e sairá da Carballeira de Caldas de Reis ás 10.00 horas. Cunha dificultade baixa e 13 quilómetros de distancia, a camiñada comezará percorrendo a senda peonil en dirección ao concello de Portas, lugar onde se inicia a Vía Verde que transcorre polas antigas vías do tren. Esta senda foi financiada na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra, que xunto a achegas dos tres concellos polos que transcorre, fixeron posible que a comarca do Salnés conte coa primeira vía destas características que transcorre integramente por Galicia.
Durante os meses do verán o programa provincial ofrecerá outras tres rutas no marco da súa sexta edición. Todas elas percorrerán enclaves emblemáticos da provincia e contarán, ao igual que esta primeira camiñada, con 200 prazas cada unha. A seguinte andaina será unha ruta polos muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto e o seu prazo de inscrición abrirá o 19 de xullo. A continuación, as DepoAndainas chegarán ao concello de Mondariz cun percorrido polo río Tea o domingo 22 de agosto, para poder participar nesta camiñada será preciso reservar praza a partir do 2 de agosto. A derradeira destas rutas terá lugar o 12 de setembro pola Senda Azul do río Verdugo, en Ponte Caldeas, e o prazo de inscrición abrirase o 23 de agosto.
Monçao, uno de los municipios del norte de Portugal, ha desvelado la fecha en la que encenderá su Navidad. Tendrá decoración especial un mes
"The Lince Braga" lleva abierto varios meses y ofrece "un refugio contemporáneo" a sus clientes. Tiene piscinas, bar, spa y zonas de tratamientos
Valongo, en el norte de Portugal cuenta con un curioso espacio al aire libre. Se trata de un parque con figuras de los Minions y otras formas
Viana, uno de los municipios del norte de Portugal, tendrá las luces de Navidad encendidas durante más de dos meses
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL