Nova ruta guiada e de balde polo centro de Vigo. Desta vez, o departamento de Normalización Lingüística do concello organizará unha visita que nos levará pola arte e a literatura de preguerra este próximo sábado, 12 de maio.
Da man do estoupido cultural das Irmandades da Fala, os participantes arrancarán na praza fronte á oliveira de Afonso XII un percorrido que os levará durante unha hora e 45 minutos polos persoeiros, institucións e edificios históricos que dalgunha forma ou outra marcaron o devir cultural da cidade olívica.
A visita, que partirá ás 11:00 horas, parará na casa do poeta Manuel Antonio, autor do “De catro a catro” e máximo representante do vangardismo de preguerra. A continuación será a quenda da Pinacoteca de Vigo onde se atopan algunhas das obras pictóricas máis importantes da época.
A Fundación Penzol e a de Fernández del Riego, dous dos arquivos públicos de doazón privada máis importantes de Galicia, permiten que Vigo conte con valiosos documentos da nosa cultura. Esta será a terceira parada na praza da Princesa.
Os participantes continuarán pola Praza do Pobo Galego para falar dun dos xornais máis influintes da época, xunto co progresista La Oliva, e continuarán cara Eduardo Iglesias e Policarpo Sanz onde se dará conta da historia do cine-teatro Tamberlick e das figuras de Paz Andrade e Antón Beiras.
Os asistentes tamén pasarán pola casa de Fernández del Riego na Alameda e recordarán ao arquitecto Manuel Gómez e ao poeta Manuel Antonio e a súa presenza no Navy Bar.
Para participar é preciso anotarse previamente dende hoxe luns, 7 de maio, a través do teléfono 986 81 02 81 en horario de 9:00 a 14:30 horas. A visita estará guiada por Xurxo Martínez.
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL