“Pasiño a pasiño imos facendo o camiño a Santiago”. É o título do evento co que os veciños de Valadares recrearán este domingo 13 de outubro o treito parroquial desde roteiro xacobeo, unha variante do Camiño Portugués, que pasa por varios dos espazos naturais máis fermosos desta parroquia viguesa. A ruta, de baixa dificultade e apta para toda a familia, e ten unha particularidade moi especial, xa que tentarán recrear unha peregrinación labrega, polo que é imprescindible vestirse acorde para gozar e transportarse á época das grandes peregrinacións.
A ruta guiada polo Muíño da Senra e casa do peregrino (13:15), antes do xantar na Área Fluvial dos Muíños do Redondo -o carón do Parque Tecnolóxico de Valadares, 14:00-. Despois de desfrutar en boa compañía e compartir os alimentos que cada un trouxo da casa, como antigamente facían no camiño, continúan as cantigas e os romances con Aldaiña de Candeán, o Cego de Matamá (15:30), e “O Leo”, o trobador multinstrumentista de Matamá.
Pola tarde, a compañía circense N+1 presenta o seu espectáculo “Gandaina”, no que tamén participan os paiasos Tano e Pajarito (16:45) e xa cara ás 17:30 partirase para finalizar esta roteiro tan especial na redonda do Hospital Álvaro Cunqueiro.
A inscrición é de balde e estará aberta ata o 10 de outubro ás 21:00 horas na sede do Centro Veciñal e Cultural de Valadares ou a través do correo [email protected] , xa que a etapa non é circular e así poderase estimar o transporte preciso.
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL