Alertas
viernes, 3 de febrero 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Planes

O son das pandeiretas e das tradicións chega a Fitur da man da nova campaña de Turismo Rías Baixas

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/01/2023

A Deputación de Pontevedra puxo este xoves en valor o “orgullo do legado” dunha provincia que “atesoura tradicións únicas, milenarias, que se reinterpretan dende a modernidade”. Así o defendeu a presidenta provincial, Carmela Silva, nunha prresentación en Fitur na que estivo acompañada da artista de Castela e León Julia de Castro. Xuntas defenderon as “mil ocasións para celebrar a provincia de pontevedra” no stand de Turespaña nun auditorio ateigado que contou tamén coa presenza da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo.

O acto de lanzamento de “Orixe”, a modo de diálogo entre Carmela Silva e Julia de Castro, fixo fincapé nas xentes da provincia, a paisaxe, o patrimonio, as tradicións máis autóctonas e a música da man, en directo, de Sara e María, “Fillas de Cassandra”, co tradicional son da pandeireta. A campaña, que pecha o ciclo de propostas da Deputación a carón do turismo experiencial, céntrase nos valores intanxibles do destino e fai fincapé, tal e como explicou Carmela Silva, na riqueza etnográfica de Pontevedra Provincia, “nas tradicións, en receitas milenarias como a da lamprea, na marcada identidade e nas nosas raíces, que teñen máis forza que nunca”.  Tamén na ampla oferta que hai na provincia, “un destino máxico no que vivir experiencias únicas durante os 12 meses do ano, cheos de oportunidades para desfrutar da nosa cultura, paisaxes, gastronomía e xente”.

Másnoticias

Guía | Estas son las ‘fervenzas’ gallegas con las que la Xunta de Galicia enamoró Fitur

Guía | Estas son las ‘fervenzas’ gallegas con las que la Xunta de Galicia enamoró Fitur

21/01/2023
Galicia lanza en Fitur su ambicioso objetivo: afianzarse como destino de referencia en la década xacobea

Galicia lanza en Fitur su ambicioso objetivo: afianzarse como destino de referencia en la década xacobea

20/01/2023

O audiovisual “Orixe” detalla  da man de Julia de Castro como “o territorio marca a cultura e o carácter, a forma de entender o mundo” e enxalza “o coidado” co que a cidadanía conserva as tradicións, “é moi inspirador e esperanzador -destacou a artista multidisciplinar- xa que mirar cara atrás recórdanos quen somos”. Deste xeito a creatividade; o patrimonio inmaterial; a artesanía representada por persoas como as zoquerias de Elena Ferro, Purro, Valentín Otero, Antía Santos, Anxo Estévez, Manuel Presas, María Mercedes Lomba, Meira Paz, José Sousa, Fiz Axeitos, Xacobe Cabrera ou as Pandereteiras de Gargamala; festas como o Entroido; e outros elementos arraigados da cultura da provincia de Pontevedra comparten protagonismo e intercálanse con imaxes que representan a todas as comarcas da provincia, tanto da costa como do interior, con pazos como A Oliva en Vigo ou o de Señoráns en Meis, o Balneario de Mondariz, Museos como Liste en Vigo, a costa de Oia ou A Guarda e paisaxes situadas en lugares do Morrazo, O Salnés, A Pardanta, O Condado, Deza, Terra de Montes ou das comarca de Caldas, Vigo, e Pontevedra.

Ademais “Orixe” tamén fai fincapé na reinterpretación, “dende o máximo respecto”, das tradicións para levalas á contemporaneidade. Este feito cobrou “vida propia” en Fitur a través da música de “Fillas de Cassandra” e do audiovisual protagonizado por Nova Galega de Danza, estreado esta mesma tarde no acto de lanzamento da campaña da Deputación, que interpreta “Credo” no Mosteiro de Carboeiro, “un deses sitios máxicos do interior da provincia” que, en palabras de Carmela Silva, “hai que visitar, á beira do río Deza, unha das obras do románico cisterciense máis destacadas de Galicia”.

Temas: Fitur 2023
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Moaña presenta seis rutas guiadas e de balde entre natureza e historia para comezar o ano
Planes

Moaña presenta seis rutas guiadas e de balde entre natureza e historia para comezar o ano

...

PorÁngel Vila
01/02/2023
Las termas de Outariz, en Ourense, reabren desde este miércoles: estos son sus horarios
Planes

Las termas de Outariz, en Ourense, reabren desde este miércoles: estos son sus horarios

...

PorMetropolitano
31/01/2023
Molinos, passadiços y pozas, así es el paseo hasta la Cascata do Fojo, en el norte de Portugal
Escapadas

Molinos, passadiços y pozas, así es el paseo hasta la Cascata do Fojo, en el norte de Portugal

...

PorCarolina Cifuentes
29/01/2023
Tres rutas de Moaña seguindo o fluír dos ríos e acompañados de lendas e natureza virxen
Planes

Tres rutas de Moaña seguindo o fluír dos ríos e acompañados de lendas e natureza virxen

...

PorMetropolitano
28/01/2023
Un estudo da UVigo constata que os microplásticos poden afectar á reproducción do bacallau
General

Un estudo da UVigo constata que os microplásticos poden afectar á reproducción do bacallau

PorMetropolitano
02/02/2023

Persoal científico do CIM-UVigo detecta que a contaminación por microplásticos pode perturbar a maduración sexual do bacallau

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X