Rastrexando animais e guiándose pola sombra do sol, 300 persoas percorrerán o vindeiro domingo, 24 de setembro, o tramo do Camiño de Santiago Portugués entre Tui e O Porriño. E ti podes ser un deles!
A Deputación de Pontevedra organiza esta andaina de balde, que servirá para percorrer este tramo do Camiño de Santiago cun monitor caracterizado como o Apóstolo Santiago. O guía dinamizará a ruta facendo sentir ás persoas participantes a auténtica lenda do Camiño. O punto de partida será a Ponte Internacional sobre o Río Miño, en Tui, onde se iniciará a viaxe polo Camiño Portugués cara a Santiago.
No percorrido, os asistentes terán a oportunidade de ver o Parador de Turismo de San Telmo ou un dos fitos do camiño, a pedra que marca a distancia de 115,14 quilómetros para chegar a Compostela. As persoas participantes percorrerán o casco histórico de Tui, cheo de edificios emblemáticos como igrexas (a Catedral de Santa María, o Convento das Clarisas…), museos (como o diocesano, antigamente un hospital para persoas pobres e peregrinas), capelas ou o cárcere vello. Tras o circuíto urbano, a andaina trasladarase á parroquia de San Bartolomé de Rebordáns, cun impresionante cruceiro e un templo, e continuará cara ao punto de Ponte das Febres, sobre o arroio de San Simón.
Durante este percorrido circular de 10 quilómetro, cunha duración aproximada de entre 3 e 4 horas, desenvolveranse distintas actividades lúdico-deportivas como un breve obradoiro de identificación de rastros animais e outro de orientación natural. No último quilómetro do percorrido, as persoas participantes deberán empregar signos naturais, o Sol, ou métodos como o do reloxo para orientarse e atopar balizas con rastros animais.
O programa “Depo Andainas”, que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL