As persoas que queren visitar os concellos á beira do Miño contan agora cun mapa dixital que lles facilita a localización dos principais puntos de interese do territorio tranfronteirizo. A través desta ferramenta, creada polo AECT Rio Miño, pódense elixir diferentes posicións e acceder a unha breve interpretación dalgún dos elementos do patrimonio natural dos concellos galegos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente e dos portugueses de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço. Picando en cada unha das iconas do mapa aparece a posición dos elementos e a opción de "como chegar".
Tanto no territorio galego como no portugués, dende a súa parte máis alta ata a desembocadura do río, veciñanza e visitantes poden identificar numerosos espazos que este mapa dixital vai sinalizando e describindo. Reservas naturais como o Parque Nacional da Peneda-Gerês ou a reserva fluvial do Río Troncoso, observatorios ornitolóxicos como O Forno do Duque ou o de Salcidos no Baixo Miño, paisaxes tradicionais ou puntos de observación astronómica son tan só algúns dos atractivos naturais que se atopan á beira do río, aínda que tamén se inclúen espazos moi singulares como puntos de observación de libeliñas, xardíns, árbores senlleiras, formacións xeolóxicas ou outros elementos de interese ata os 55 totais.
O río Miño é un espazo de protección ecolóxica de ámbito europeo grazas á ‘Rede Natura 2000’. O mapa interactivo, que se pode consultar facendo clic aquí, é unha iniciativa do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado con fondos FEDER a través do programa ‘Interreg España-Portugal (POCTEP) 2014-2020', que nace coa intención de poñer en valor o potencial turístico e natural do territorio transfronteirizo.
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL