Cangas xa viviu o seu "inverno en ruta" e, agora, a primavera non será menos. O Concello celebrará entre o 7 de abril e o 27 de maio dezaseis visitas que compoñen nove rutas distintas ao longo do municipio.
Como novidade, nesta edición incorpóranse “Cangas e o mar”, na que se expoñen contidos relacionados coa pesca tradicional e a chegada da industrialización, “A historia das mulleres de Cangas”, na que se fai un percorrido polas figuras relevantes da historia do pobo como María Soliño, Fina Acuña ou Dolores Blanco, ou “Muíños de Coiro”, que se realizará coincidindo coa Festa do Muíño de Fausto.
Tampouco faltarán as xa tradicionais e populares, como “Massó: o sentir dun pobo”, coa que se fai un repaso á historia da que chegou a ser a maior factoría conserveira de Europa nos anos 50, ou “Cangas 1617: A defensa da vila”, a través da cal se abordan os feitos acontecidos no ano 1617 cando un grupo de piratas turco-berberiscos arrasaron este municipio.
Pódeche interesar: Descubre as rutas medioambientais de Camiño a Camiño
O programa de “Primavera en Ruta” desenvolverase os sábados e domingos de abril e maio e seguirán a ser de balde. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas (986392023) ou a través do email ailladosratos@gmail.com indicando nome, idade, ruta escollida e un teléfono de contacto. Todas as visitas sairán ás 11:00 horas.
A iniciativa é parte da Concellería de Medio Ambiente e Turismo, dirixida por Tania Castro, en colaboración coa asociación A Illa dos Ratos.
*Foto de portada: Turismo de Cangas
Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada
Dos municipios del norte de Portugal ya han encendido su iluminación de Navidad. Estos son los dos lugares que ya se pueden visitar
Una bonita localidad de Portugal quiere convertirse en el mejor escenario de Navidad. Ofrecerá más de 100 actividades con una decoración 'viral'
El norte de Portugal cuenta con el árbol de Navidad más grande del país. Ya se ha desvelado la fecha de su encendido
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL