Cangas xa viviu o seu "inverno en ruta" e, agora, a primavera non será menos. O Concello celebrará entre o 7 de abril e o 27 de maio dezaseis visitas que compoñen nove rutas distintas ao longo do municipio.
Como novidade, nesta edición incorpóranse “Cangas e o mar”, na que se expoñen contidos relacionados coa pesca tradicional e a chegada da industrialización, “A historia das mulleres de Cangas”, na que se fai un percorrido polas figuras relevantes da historia do pobo como María Soliño, Fina Acuña ou Dolores Blanco, ou “Muíños de Coiro”, que se realizará coincidindo coa Festa do Muíño de Fausto.
Tampouco faltarán as xa tradicionais e populares, como “Massó: o sentir dun pobo”, coa que se fai un repaso á historia da que chegou a ser a maior factoría conserveira de Europa nos anos 50, ou “Cangas 1617: A defensa da vila”, a través da cal se abordan os feitos acontecidos no ano 1617 cando un grupo de piratas turco-berberiscos arrasaron este municipio.
Pódeche interesar: Descubre as rutas medioambientais de Camiño a Camiño
O programa de “Primavera en Ruta” desenvolverase os sábados e domingos de abril e maio e seguirán a ser de balde. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas (986392023) ou a través do email [email protected] indicando nome, idade, ruta escollida e un teléfono de contacto. Todas as visitas sairán ás 11:00 horas.
A iniciativa é parte da Concellería de Medio Ambiente e Turismo, dirixida por Tania Castro, en colaboración coa asociación A Illa dos Ratos.
*Foto de portada: Turismo de Cangas
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL