Como é habitual o Camiño de Santiago diríxenos á capital de Galicia. Porén, para esta fin de semana, dende a Eurocidade Tui-Valença decidiron pechar o seu Circuíto de Andainas Saudables cunha proposta diferente.
Ao longo de dous días, o sábado e o domingo, os que o desexen poderán realizar parte do Camiño Portugués que separa a Vila Nova de Cerveira con Porriño. Até aquí todo en orde. O diferencial da proposta vén en que se fará “á inversa”. É dicir, os camiñantes sairán dende o termo municipal do Porriño o sábado para percorrer o primeiro tramo até a Vella Ponte Internacional. O domingo, pola súa parte, continuarán até rematar na vila dos artistas lusos, Cerveira.
As rutas sairán o sábado, 30 de setembro, ás 9:00 horas e o domingo, 1 de outubro, ás 10:00 horas. Ámbalas dúas dende o Centro Interfederado de Tui. Un autobús da organización retornará a Tui a todos os participantes inscritos.
Como nas andainas anteriores, é preciso realizar a inscrición previa, a través do enderezo electrónico [email protected] / [email protected] /
[email protected], cun custe por cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos. Os interesados deben inscribirse ata este xoves 28 de setembro.
É importante destacar que non é preciso realizar todo o percorrido xa que os interesados pódense inscribir na andaina do sábado, na do domingo ou en ambas.
Dado que serán as últimas andainas do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, ao remate do percorrido do domingo, 1 de outubro, realizarase o sorteo, entre os que participaron en máis andainas do circuito deste ano, de comidas e ceas para dúas persoas, así como de lotes de viño.
El norte de Portugal cuenta con un sorprendente glamping en mitad de la naturaleza. Así es este complejo con jacuzzi al aire libre y terraza
Un recorrido por algunos de los mejores sets del corredor navideño de más de un kilómetros que está compuesto por figuras únicas
Monçao ha desvelado más detalles sobre su Navidad. Ha dado a conocer el horario de su encendido y la programación de sus fiestas
Guimarães ha dado a conocer cuándo encenderá su Navidad y ha desvelado algunos de los detalles de su decoración y del programa
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL