O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza un novo roteiro apoiado na colección literaria de "Historias para coñecermos Vigo". Neste caso, a cita percorrerá a beleza das praias viguesas para cruzar Toralla e camiñar os areais do Vao, do Baluarte e da Fontaíña.
Xunto ao escritor Santiago Lopo, autor de A voz das nereidas, os asistentes poderán afondar no contraste de dous xeitos de entender a vida representados polas praias e a cidade. O mundo máxico da mitoloxía ou das lendas.
Durante o camiño realizaranse paradas e o autor falará dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona. Tamén se lerá algún extracto da novela.
A visita guiada terá lugar o sábado, 15 de setembro, con saída ás 11:00 horas dende a entrada na ponte de Toralla. A duración aproximada é de unha hora e media e a participación é gratuíta.
Os interesados poden anotarse até completar as prazas ofertadas chamando ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:130 horas facilitando nome, apelidos e teléfono de contacto.
A iniciativa forma parte dos roteiros que o Concello de Vigo organiza xunto aos oito autores da colección "Historias para coñecermos Vigo", que repasa o pasado de diferentes barrios da cidade para reflexar a identidade histórica viguesa. Con esta colección achégase aos homes e mulleres de dentro e de fóra ese Vigo moderno, plural e creativo, que se está facendo si mesmo decote, mirando ao porvir sen perder de vista que e como fomos.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL