Este luns, 28 de agosto, o Concello da Guarda, en colaboración coa Cámara Municipal de Caminha, retoma as súas populares andainas cunha actividade especial: a Romaría de São João d'Arga.
Organizada pola Unión de Parroquias de Caminha e Vilarelho, co apoio do Concello de Caminha, a romaría consistirá nun percorrido de 20km, cunha dificultade media-alta, dende Caminha ata Arga de São João, situada na Serra d'Arga. Este é o percorrido que os peregrinos adoitaban facer na véspera da festa.
Os participantes inscritos sairán da explanada da Sangriña ás 12.30h en autocar ata Caminha, para xuntarse cos demais participantes portugueses na praza do Torreiro ás 13.30h. No camiño pasaremos polas parroquias de Vilarelho, Venade, Azevedo e Dem. Haberá pausas durante a ruta, para descansar e agrupar aos participantes. En Dem, a organización ten programado un descanso máis longo para un breve avituallamento e, ao remate da camiñada, os participantes poderán compartir o xantar que leven como marca a tradición.
A chegada ao mosteiro de Arga de São João está programada para as 19.00h. O autobús de regreso á Guarda agardará aos participantes en Santo Aginha (Arga de São João), a uns 2km do mosteiro, sobre as 21.30h, polo que a chegada á localidade da Guarda está prevista a partir das 22.00h, despois de gozar da tradicional romaría de Sao Joao d’ Arga.
Aquelas persoas interesadas en asistir a esta emblemática festa de Caminha poden contactar coa Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986 614 546, ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
Nueva oportunidad para descubrir la historia de Vigo en uno de los escenarios más especiales del pasado de la ciudad
La provincia de Pontevedra solo tiene una playa fluvial con bandera azul. Es de agua cristalina y tiene una cascada, apúntatela
Descubre esta poco conocida cascada de la Ribeira Sacra a través de su nuevo mirador. Apúntate esta escapada top en Galicia
El norte de Portugal cuenta desde hace meses con un sorprendente y novedoso mirador 360 grados. Está a más de 1.000 metros de altura
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL