Dobre cita hoxe venres, 27 de agosto, na Ribeira de Caldelas. Ás 18:00 horas Pista Catro presenta o espectáculo itinerante “Mezzo. O fantástico circo de Insectos Xigantes do doutor Mezzo”. Pista Catro recupera o espírito das novelas de Julio Verne nunha viaxe chea de cor, imaxinación e fantasía na que o público acompañará durante toda a función aos seus protagonistas.
Baixo a dirección de Antón Couceiro, Arturo Cobas da vida ao botánico, explorador e naturista xenovés do século XIX Giovanni Mezzo, quen descobre nunha illa do Pacífico estrañas criaturas. Nunha feira ambulante exhibe algúns deses insectos xigantes da “Era Mesozoica” coma un escaravello peloteiro (Aitor Garuz), unha bolboreta (Raquel Oitavén), unha tarántula africana (Mónica Paradela), formigas e saltamontes (Beatriz Rubio e Álvaro Reboredo), ou un caracol Dj (Kote Rodríguez). Esta singular feira chegará hoxe a Caldelas, horas antes da representación de “A contenda do río Miño”.
Xa a partir das 22 h será a quenda a dunha comedia musical de gran formato producida polo Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga “A Contenda dos Labradores de Caldelas ou entremés famoso sobre a pesca no río Miño”. Partindo do texto escrito hai 350 anos por Gabriel Feixóo de Araúxo que fala sobre a disputa sobre os dereitos de pesca, construíron unha comedia musical na que falan de Galicia, do Norte de Portugal, do río Miño das nosas relacións. A montaxe, de gran formato e moi visual, conta con dez persoas en escena Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, Antonio Jorge, Grasiela Müller, Aisa Pérez, Solange Sá e Fran Núñez, e o fadista Paulo Bragança.
Esta coprodución foi estreada no Teatro Clásico de Almagro, e foi representada xa en Braga e Cangas. Hoxe chega a Tui, a Caldelas, nunha posta en escena con gran significado xa que 350 anos despois volve ao lugar que lle deu nome á obra en 1671. As entradas para a “A Contenda do Miño” poden reservarse gratuitamente na web do Concello de Tui (premer aquí).
El Concello amplía sus excursiones gratis por la Ría de Vigo para mayores de 65 años. Hasta 800 nuevas plazas para este "Imserso vigués"
Arranca la Ruta do Pincho Folk en Salceda con hasta 16 propuestas distintas. Esto es todo lo que podrás probar por solo 2,50 euros
¿Buscas plan para este fin de semana en Vigo? El GFFF calienta motores con tres actividades top que prometen revolucionar la ciudad
Fin de semana cultural en Mondariz-Balneario con dos espectáculos gratis. Esta es la propuesta de la Diputación de Pontevedra en la localidad
Pondo o foco na ditadura franquista e na Transición. O proxecto do investigador Luis Velasco foi seleccionado nunha convocatoria de axudas da USC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL