A madeira de Agustín Bastón ten unha segunda vida. Este cangués, vinculado ao mundo madereiro dende antes de aprender a camiñar –é a terceira xeración dunha empresa familiar que hoxe dedícase a facer mobles artesanais- leva catro anos organizando a súa particular mostra de “Biblioteca das madeiras do mundo”.
A idea “xurdiu un bo dia cando un día uns restos de madeira tiñan xa unha especie como forma de enciclopedia”, explica para Metropolitano.gal Agustín Bastón, quen nese momento descubriu que un mundo de posibilidades se abría ante a súa imaxinación. Así, o artesán cangués comezou un traballo que o levou a crear 109 libros feitos con 97 especies de madeira diferentes dos cinco continentes.
O que xa de por si é espectacular, ten un punto aínda máis excepcional. Unha vez os exemplares de madeira están finalizados, diferentes artistas e creadores galegos deixan a súa pegada sobre as creacións elaborando unha fusión cultural inédita.
Os que se acheguen poderán desfrutar da interpretación que diferentes artistas fan sobre os libros de Agustín. Así, o escritor Xosé Vázquez Pintor, a poeta Miriam Ferradáns, o pintor e escultor Lito Portela, o poeta Pepe Cáccamo ou o artista Manuel Pizcueta.
Algunhas das obras, como a do pintor Lito Portela, déixanos metáforas visuais como a dun libro a medio queimar sobre unha peza de carballo. O bosque autóctono, os incendios, a queima de libros... todo nunha única peza. Outra das pezas que máis chama á atención e a que emprega madeira de caoba da viga do camarote do comandante da Fragata Bailén –a derradeira fragata a vela pura da armada española- ou madeira da conserveira Massó en Bueu de comezos do século XX.
Aínda que a mostra estaba prevista que finalizara este domingo, finalmente ampliarase até o día 3 de xuño. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas de luns á sábado e soamente de mañá os domingos. A exposición sitúase na sala do seu creador, Agustín Bastón, nas proximidades da praia de Rodeira e a carón do aserradoiro da familia.
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL