A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado 10 de febreiro, ás 21:00 horas no Teatro Municipal de Tui cun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas. En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.
En concreto o repertorio a interpretar serán Balada Galega de Juan Montes; Reflexos Paisagísticos e Balada de Outono de Bernardo Lima; Alborada Galega de Pascual Veiga; Grândola, vila morena de Zeca Afonso; Uma Casa Portuguesa com arranxos de Amilcar Morais; Catro temas galegos de Manuel Mª Veiga; Cancoes de tradiçao de Luís Cardoso; Que viva Tui de José A. Veiga Paradis; e Havemos de ir a Viana con arranxos de Alvaro de Sousa.
Deste xeito, sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical que a diario se produce na Eurocidade con músicos valencianos que estudan en Tui e músicos tudenses que o fan en Valença, ou que forman parte de agrupación da outra beira do Miño. Así, a música continúa a tender pontes entre Tui e Valença. As entradas poden adquirirse, de forma gratuíta, dende ás 20:00 horas, no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo
La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"
Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL