Ata sete obras de gran formato que forman parte da colección persoal da escultora Soledad Penalta poderán ser visitadas a partir do martes 5 de abril na sede da Deputación en Vigo. A presidenta Carmela Silva, xunto á comisaria da mostra Rosario Sarmiento e a propia escultora serán as encargadas de inaugurar “Soledad Penalta. Materia tatuada”, nun acto ás 19.00 horas na sede viguesa da institución provincial que contará coa música da cantautora Sara Casas.
A mostra, que estará aberta ata o 22 de abril, inclúe sete obras que forman parte da colección persoal da artista que representan á perfección o diálogo entre xeometría, figuración e abstracción que tanto caracteriza a traxectoria de Penalta. Pezas que mesturan abstracción e figuración como “Bosque” ou outras que coas finas láminas de metal que a compoñen mesmo fan cantar ao aire como “Asubíos do vento”. Estas pezas, xunto a dous “S/T”, “Distopía”, “Germinal e “Diacronía”, conforman a exposición na sede de Vigo, todas elas elaboradas en chapa de ferro, aceiro cortén, aceiro inoxidable, ferro e de gran formato, soldadas e manuscritas.
Soledad Penalta, premio da Cultura Galega, da Crítica e integrante da Real Academia Galega de Belas Artes, é unha das poucas mulleres artistas da súa xeración en Galicia que traballou na obra pública, con pezas de gran formato e utilizando materiais pesados coma o aceiro cortén e o ferro. Comezou a achegarse á arte en Barcelona e completou a súa formación en Italia aínda que foi en Estados Unidos onde tomou contacto co traballo do metal que marcará a súa traxectoria artística posterior. Ten participado en exhibicións individuais e colectivas por todo o mundo e a súa obra está exposta en museos e espazos privados e públicos. Desde maio de 2021, o Pazo da Deputación en Pontevedra ten na súa escalinata principal a peza “Correntes do pensar”, de 2,7 metros de alto e 2,1 metros de ancho, que, elaborada con cintas de aceiro inoxidable manuscrito cos nomes dos concellos, semella unha gran aperta de protección da Deputación á provincia.
O Porriño ha desvelado cuáles son los locales participantes en la ruta de pinchos y tapas "D-Gusta Porriño". ¡Estas son sus propuestas!
¿Qué se puede encontrar en la considerada "madre de todas las ferias" del norte de Portugal? Más de 400 tiendas, música, gastronomía y más
Cabral acogerá un Samaín destinado a menores con numerosas actividades. Habrá concurso, baile, desfile y múltiples juegos
Planes para Samaín, gastronomía y mercados este fin de semana en Vigo y su área. Consulta esta guía para no perderte ningún evento
A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL