As novidades editoriais volven sair á rúa no Porriño para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura da man da federación de Librarías de Galicia. A Feira do Libro de Galicia, que leva polas catro provincias galegas os postos de venta de exemplares xestionados polos libreiros, recala no Porriño cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros, etc... que fan deste evento unha cita de alto interese cultural. Podes consultar a programación completa nesta ligazón (premer aquí).
A feira abrirá as súas portas o xoves 26 e extenderase ata o domingo 29 de maio. Será no barrio de San Benito, onde porriñeses e visitantes poderán disfrutar das propostas literarias das librarías participantes: Recondo, Paz, Copi Rey, Pedreira, Uróboros e o stand da Deputación de Pontevedra.
O acto de inauguración, contará coa autora porriñesa Sandra Estévez Calvar como pregoeira. As súas verbas acompañadas pola música da Asociación cultural Lumeirada darán o pistoletazo de saída a catro días de actividades que incluirán a cinco autores locais máis: Beatriz Cabaleiro, Diego Giráldez, Andrea Martínez Baladrón, Sandra Burgos e Begoña Yglesias Porta.
“As rúas do Porriño serán un espazo de encontro e contacto ao que convidamos a todo aquel que queira compartir experiencias ao redor dos libros”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Dende o Concello seguimos dando a man cultura e en especial á literatura, impulsando esta e outras iniciativas que axuden a dinamizar a actividade do sector libreiro e fomenten o hábito da lectura”.
O horario de apertura das instalacións será de 11-14 h e de 17-21 h (o xoves só pola tarde). Cabe destacar que as librarías ofrecerán un 10 % de desconto en todos os libros.
El concierto de Chayanne en Castrelos agotó rápidamente las entradas, y ahora están en reventa. El riesgo de adquirirlas así es mayúsculo
Galicia refuerza el transporte para que la gente pueda disfrutar del espectacular eclipse del 12 de agosto. Así serán los servicios especiales
El festival gratuito Berete Rock regresa a Chapela con distintos grupos de rock. Descubre el cartel completo de esta edición
¿Quieres ir al concierto de Abraham Mateo en Vigo? Aún estás a tiempo de conseguir alguna de las entradas de su actuación en Castrelos
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL