O San Xoán será marco perfecto este 2022 para desfrutar da gran festa de época de Moaña que este ano retoma toda a súa programación e volverá a apostar non so por gastronomía e mercado, senón tamén por espectáculos de gran formato, música e moita troula. Tamén contará con actividades culturais e de divulgación histórica. Moaña Antiqua, a festa que busca render homenaxe ó berce da Moaña actual, regresará entre o 24 e o 26 de xuño.
A sétima edición da feira medieval moañesa, que se celebra na contorna do barrio de San Martiño, aproveitará o marco da xornada do venres 24 de xuño, festivo en Galicia, para abrir a súa programación a partir das 17:00 horas, cando xa estará en marcha a feira. A xornada contará con diversas actividades sobre o pasado de Moaña para, ás 20:45 horas dar inicio oficial co pregón a cargo da actriz Anabel Budiño.
A cita grande da xornada correrá a cargo, como de costume, de Troula, que dende as 22:30 horas levará ás antigas rúas de San Martiño o seu espectáculo “Errantes”, un espectacular pasarrúas no que o lume e os trolls, orcos e demais seres do inframundo farán aos asistentes partícipes da súa tolemia nunha peregrinación no que participa o seu Orloc. Xa na noite a partir das 23:45 horas comezará unha foliada popular no adro de abaixo para animar a madrugada.
O sábado, o mercado abrirá ás 11:00 horas e a xornada estará máis enfocada ao público familiar con xogos temáticos, exhibicións de cetraría e unha xusta a cabalo. Á noitiña terá lugar o concerto de Os Carunchos e a foliada popular que pechará a xornada. A festa finalizará o domingo nunha xornada que comezará cunha ruta guiada pola contorna da Igrexa de San Martiño. De novo, actividades infantís, oxgos familiares e diferentes exhibicións formarán parte da programación que se pechará coa actuación de Meiramar Axóuxeres.
Moaña Antiqua, ademais de contar cun mercado gastronómico e de artesanía, tamén habilitará unha zona de lecer na carballeira da contorna. Haberá polbeira, tabernas e postos de artesáns traballando en vivo. Todas as actividades infantís e obradoiros serán de balde.
Llega la primera edición de la Festa dos Callos de Cabral. Conoce los precios, horarios y distintos platos que se ofertarán
Comienza la segunda edición del festival dedicado al legado de 'El Hematocrítico' con unas jornadas llenas de eventos para todos los públicos
El ciclo de shows de comedia y música llega al Centro Comercial Gran Vía de Vigo durante el mes de noviembre
Ourense desvela su programa para su gran magosto. Habrá una orquesta top, castañas gratis y otras recetas como chorizo asado o callos
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL