Moaña regresa á Idade Media. A Festa de Moaña Antiqua volve ás nosas vidas despois da edición especial de outubro do pasado ano por mor da pandemia do covid. Esta nova cita, que con todo seguirá marcada polas restricións aínda vixentes, servirá para iniciar un paulatino regreso á normalidade e volver desfrutar das festas tradicionais da comarca.
Moaña Antiqua celebrarase este ano o 27 de xuño e contará cun programa máis reducido que en 2019, aínda que manterá o espírito da celebración. Desta vez, segundo explica Coral Ríos, concelleira de Turismo, e José Manuel González Pérez, membro da asociación, a cita terá un espírito de feira medieval, centrada en até 35 postos de artesanía "moi selectos". No apartado gastronómico, a cita repetirá a tradicional aposta polo churrasco, o polbo ou as filloas.
Para garantir os protocolos covid, a distancia e os aforos, a contorna estará perimetrada e soamente permanecerán no recinto o número máximo de persoas permitidas pola norma sanitaria da Xunta de Galicia, que podería flexibilizarse aínda máis nos vindeiros días.
No tocante ao programa, a cita xirará desta vez en torno aos achados de Manuel Uxío García Barreiro, que será nomeado cronista oficial da vila, sobre a apaixonante historia da igrexa de San Martiño e a figura de Lorenzo de Paredes, un veciño do Casal que acabou emigrando ás Américas e facendo unha boa fortuna. García Barreiro será o responsable de explicar a historia do mecenas a partir das 17:30 horas, cando presentará o libro editado para tal fin.
A apertura do mercado medieval será ás 11:00 horas, aínda que antes, ás 10:30 horas, celebrarase unha ruta guiada pola Asociación Illa dos Ratos na que se afondará na historia dun dos barrios senlleiros do municipio. Ao longo de toda a xornada haberá obradoiros infantís e actividades de balde. A música correrá a cargo nesta edición da Banda de Música Popular Airiños do Morrazo que acudirá ao completo para a sesión vermú ás 13:15 horas, e o concerto da violonchelista Margarida Mariño ás 19:30 horas.
Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis
La Navidad llega a la frontera entre Galicia y Portugal con varios eventos top. Así serán sus decoraciones y encendidos esta semana
Un mercadillo solidario en favor de uno de los comedores sociales de Vigo. Ofrecerá productos artesanos y "buena energía"
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL