O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións que terán lugar esta fin de semana do 9 ao 11 de xullo. A programación deu comezo o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.
A parte central do proxecto terá lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda. Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, farase unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.
Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde falarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello.
Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy (guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías. As inscricións para estas actividades poderán realizarse no Centro de Información á Muller da Guarda, de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: [email protected]
Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño
Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis
A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición
Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL