María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi unha nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba. Este é o punto de partida da obra “Rosalía”, que Culturactiva presentará o vindeiro domingo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal. “Con esta obra temos a oportunidade de coñecer a infancia da voz poética máis importante da nosa historia”, explica a alcaldesa Ánxela Fernández, á vez que lembra a veciñanza que “a entrada é de balde ata completar aforo”.
A Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro é a protagonista desta peza de teatro, e será ela mesma a que lle conte aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor. Esta obra vai dirixida nenos e nenas de idade primaria, pero tamén as súas familias, é froito do traballo dunha equipa de mulleres cunha grande experiencia no teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsábel de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís. Dúas actrices forman o reparto, Rocío González e Cristina Collazo, as dúas imprescindíbeis nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.
Esta representación forma parte da programación do outono do Rosal, onde o teatro ten un gran protagonismo. “Rosalía”, será a segunda das catro representacións que pasarán polo Auditorio Municipal. O 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19:00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19:00 h.
Nace una travesía natural en kayak o paddle surf para conocer de una forma única una de las joyas naturales de Pontevedra
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía
Sabor a mar y conciertos gratis junto a la Ría de Vigo. El festival más gastronómico de la ciudad desvela su cartel musical para el verano
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL