Este sábado 9 de marzo a Orquestra Xove Vigo 430 subirá de novo ao escenario. Nesta ocasión, no Auditorio Martín Códax, para repasar as obras magnas de Beethoven, Weber e Schubert baixo a dirección de Roberto Baltar e coa incorporación de Andrea Álvarez como clarinete solista.
O programa do concerto abrirase co Valse Triste, núm 1, op. 44., unha composición obra da figura crucial da música finlandesa, Jean Sibelius e que á súa vez forma parte de Kuolema, unha obra concibida como música incidental para unha obra de teatro obra do cuñado de Sibelius e que agora poderemos gozar en todo o seu esplendor ao ser interpretada pola OXV430 cunha coidada instrumentación. Posteriormente, o concerto viaxará cara á obra de Carl Maria von Weber, concretamente ao seu Concerto para Clarinete núm. 1, op. 73, en Fa Menor.
Carl Maria von Weber é considerado o creador da primeira ópera romántica alemá, e sen dúbida, foi un compositor, director, crítico musical e talentoso pianista que nos agasallou con pezas como o seu Concerto para Clarinete núm. 1, op. 73 escrito para o clarinetista Heinrich Bärmann e do que poderemos gozar grazas á viguesa Andrea Álvarez, quen comezou os seus estudos na Banda- Escola de Música de Beade, formouse de maneira profesional nos Conservatorio Profesional e Superior de Música de Vigo co profesor Roberto Noite, e actualmente é membro da Pacific Music Festival Orchestra, académica na Nederlands Philharmonisch Orchestra, tras formar parte da Orquestra Sinfónica de Madrid e da Real Filharmonía de Galicia.
O programa finalizará coa interpretación da Sinfonía núm. 7, op. 92, a maior obra do colosal Ludwig van Beethoven. Composta cando só contaba con 42 anos. A Sétima Sinfonía estreouse no paraninfo da Universidade de Viena como parte dun akademie, un pequeno concerto no que se mostraban ao público por primeira vez obras dun compositor. O propio Beethoven foi o encargado de dirixir á orquestra mesmo cando a súa xordeira xa o limitaba para escoitar as seccións máis fortes. Un evento moi especial xa que os beneficios do mesmo destináronse aos soldados bávaros e austriacos feridos na Batalla de Hanau.
Nesta ocasión o director da OXV430 será Roberto Baltar, nacido en Vigo en 1983, quen comeza os seus estudos no Conservatorio da cidade á que regresa de maneira habitual para colaborar con varios proxectos como director coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 e coa súa ramificación: a Orquestra Xove desde 2014. Unha labor que compaxina con ser membro de Airas Ensemble e cos seus estudos de dirección en Katarina Gurska en Madrid co prestixioso músico e director Vicente Alberola.
Un casting busca figurantes para el rodaje de escenas nocturnas de una película en Galicia. ¡Este es el perfil de la gente que quieren!
Un local de la Alameda de Vigo acoge una fiesta de siete horas para bailar y vibrar canciones de 80, 90 y 2000
La fortaleza de Valença se convertirá en un pasaje del terror con fantasmas, muertos vivientes y seres maléficos. ¡Este es el programa!
Arranca en el norte de Portugal la autodenominada "mayor feria de calle del país". Habrá artesanía, moda y comida a un paso de Galicia
As edicións previas de Cátedra Feminismos permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL