“Tiro de saída” aos Rías Baixas Film Fest que dende maio a decembro encherán a provincia de cultura vinculada ao cinema e ao audiovisual. A presidenta da Deputación Carmela Silva xunto aos e as responsables da organización dos oitos festivais que integran a marca provincial e dos gobernos locais dos concellos onde se desenvolven, presentaron o calendario das citas cinematográficas que arrancan este 4 de maio co Play-Doc de Tui e se estenderán ata decembro co Novos Cinemas de Pontevedra. Silva asegurou que “a través dos Rías Baixas Film Fest imos continuar avanzando para seguir convertendo á provincia nunha grande referencia”, e adiantou que neste 2022 “imos dar un paso máis, coa mirada posta na internacionalización dos festivais”. A marca, que naceu no 2020, agrupa a un total de oito certames audiovisuais que teñen lugar este ano entre maio e outubro en Tui, O Porriño, Vigo, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía.
No 2022 o “tiro de saída” dos Rías Baixas Film Fest terá lugar a vindeira semana, co Play-Doc de Tui (4-8 de maio) e continuará o seu percorrido co Festival de Cans do Porriño (18-21 de maio), Primavera do Cine de Vigo (6-11 de setembro), FicBueu (11-24 de setembro), Galician Freaky Film Fest de Vigo (23-24 de setembro e 28 de setembro- 1 de outubro), Festival de Cine Inclusivo de Vigo (18-22 de outubro) e co Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía (21-30 de outubro) para rematar co Novos Cinemas de Pontevedra (13-18 de decembro).
O director do FicBueu, Manuel Pena, en representación dos oito festivais, destacou a diversidade de certames que hai na provincia e enxalzou tamén o papel das asociacións que os organizan. Pena salientou a “importancia e dimensión que acadaron as programacións dos festivais de cinema” que abranguen dende formación do público ata a promoción e fortalecemento da industria ou a confluencia con outras disciplinas artísticas. E, xa de cara ao futuro, amosou o seu desexo de “chegar aínda máis aló”. Pola súa banda, a responsable de programación do Primavera de Cine, Ana Gontad, recordou os “dous anos de pesadelo pandémico” e fixo un chamamento ao público para “volver ás salas, saír dun mesmo/dunha mesma e volver dialogar coas persoas”.
O broche de ouro á presentación do calendario dos Rías Baixas Film Fest veu da man da compañía Troula que implicou ao público presente no acto a participar nunha pequena peza teatral que semellaba a rodaxe da entrega dun “Óscar”. Unha actriz de Troula, caracterizada como directora de cinema dos anos vinte, e un personaxe caracterizado como actor de cinema, fixeron partícipes ás persoas presentes no proceso de rodaxe, dende a propia gravación, ata a posta en marcha da acción ou o papel protagonista, que recaeu na presidenta, chamada a recoller o “Óscar” e pronunciar as palabras de agradecemento.
Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño
Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis
A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición
Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL