Ailá chega a Cangas o vindeiro 28 de maio para facer festa e facer bailar. O cuarteto conformado por Ángela Carou, Abel Gañete, Manuele Pardo e Xan Pampín presentará en directo, o próximo venres, seu primeiro traballo discográfico, tamén nomeado Ailá. A cita, cuxas entradas están á venda na plataforma Ataquilla, terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas a partir das 20:00 horas e o directo contará coa participación das pandeireteiras Lina e Lola, ademais da Asociación Cultural Peis D’Hos.
Ailá pretende espallar polo país a vertente festiva do baile e o canto tradicional. Con esta intención a banda propón achegar ao público, a través do seu primeiro disco, unha óptica moderna da tradición oral galega acompañada de sonoridades festivas e actuais.
O álbum homónimo publicouse o pasado luns 26 de abril e presenta un repertorio un total de trece temas baseados na análise e investigación en numerosos arquivos sonoros. Cantos de lugares tan dispares coma Laxoso (Ponte Caldelas), Santa Mariña do Barro (A Baña), Abeneiros (Ordes), Coles (Ourense), San Martiño de Galegos (Frades) ou Os Seixedos (Covelo) serven de inspiración á hora de compoñer o disco, que Ailá completa con arranxos que beben de ritmos contemporáneos e foráneos, cunha clara intencionalidade festiva. A hibridación con outras sonoridades, sen perder a singulariedade das músicas de raíz, fan de Ailá unha proposta dinámica, coidada e meticulosa que dá boa conta do inmenso patrimonio vinculado ao canto e danza tradicional.
Ailá pon de manifesto a vixencia e a necesaria reivindicación da esencia da música de creación colectiva. A banda, formada por Ángela Carou, Abel Gañete, Manuele Pardo e Xan Pampín, e fraguada nas noites de foliada na Casa das Crechas, agroma no panorama musical galego para abrir novas sendas para espallar o amor polo baile e a música tradicional. Co tradi por bandeira e como xeito de vida, Ailá banda bebe da tradición para ofrecer ao público unha visión moderna e lúdica da creación colectiva.
Logo de representar a Galicia no Celtic Connection 2020 e de seren premiados no Festival Interritmos 2020, na primavera de 2021 o grupo da a coñecer o seu primeiro traballo discográfico, tamén nomeado Ailá. Con el, presentan propoñen unha ducia de temas (máis un de agasallo) na que percorren múltiples fontes patrimoniais para dar boa conta da alegría e da enerxía que desprenden o canto e aas danzas tradicionais.
Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño
Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis
A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición
Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
Hoy fui a realizar una prueba al cunqueiro tengo una minusvalía y quise aparcar en el parking del ayuntamiento ya no respetan los aparcamientos y no puede aparcar por qué se borraron las marcas y los demás ya no respetan ni si se lo pides...por favor mi prueba duró dos horas no me sobra el dinero, ponte las de nuevo y señalizen bien. Muchas gracias