O Concello de Nigrán conmemora os nove meses dos incendios forestais do 15 de outubro cun gran evento este domingo na Ramallosa, concretamente na Alameda de San Campio, a cargo da corrente artística "Arte no Queimado", xurdida precisamente a raíz do fatídico domingo negro. Na iniciativa participarán a Comunidade de Montes de Camos e Chandebrito, a asociación veciñal "O Castro" de Chandebrito e Coruxo Arte.
O promotor deste novo colectivo artístico, o escultor Juan Coruxo, iniciou xunto aos seus compañeiros Remigio Dávila e Rosendo González a talla de cinco árbores secos e que están situados na Alameda de San Campio. O obxectivo é que durante o domingo rematen o traballo como parte fundamental da celebración da xornada "Arte no Queimado", que reunirá a preto dunha vintena de artistas traballando en vivo na Alameda de San Campio con material procedente maioritariamente dos lumes de outubro. Ademais, durante todo este día haberá obradoiros infantís e, pola tarde, de 20:00 a 21:00 horas, un "Pasarrúas Máxico" a cargo da compañía A Illa dos Nenos que conxuga a maxia e o circo para crear un mundo fantástico cheo de ilusións e sorrisos. Dous magos acompañados de dous zancudos serán os encargados de marabillar ao público que atopen ao seu paso polo Paseo da Foz ata chegar á Alameda, onde realizarán un gran espectáculo conxunto.
O punto e final da xornada "Arte no Queimado" o porá ás 21:00 horas o acordeonista Roberto Comesaña, gañador dun Grammy no ano 2016 co tema "Cabaliño" xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Davide Salvado; amén de sumar outros destacados recoñecementos na súa importante traxectoria.
"Trátase dunha gran xornada lúdica e educativa na que buscamos non perder a memoria do acontecido e concienciarnos todos do desastre absoluto que supoñen os incendios", reflexiona Juan González, alcalde de Nigrán.
Una semana de actividades en Vigo para celebrar el Día de la Policía. Así será el despliegue en la ciudad con conciertos y exhibiciones
Vigo ya saborea el fin de semana, y nunca mejor dicho. Lavadores celebra su propia fiesta gastronómica con receta casera
¿Sabes que Tui tiene una gran presencia en la literatura? Descubre este patrimonio inmaterial con una ruta especial
PortAmérica despacha en apenas unas horas los 10.000 Abonos Creyentes que permitirán disfrutar de su próxima edición a precio reducido
A nave é froito do traballo de 46 estudantes de diferentes titulacións do campus - É o único representante galego na XtraChallenge 2025
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL