Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.
Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2.300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.
Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.
A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.
Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor.
Salceda de Caselas terá o próximo sábado un concerto para celebrar o Día de Galicia. Será na primeira hora da noite
Roi Casal, Carlos Núñez o Queiman Folk forman parte del cartel del "Son Verán". Estas son las actuaciones previstas en este ciclo musical
Beade disfrutará de varias jornadas de celebración. Habrá tres verbenas, fiestas holi y de la espuma, y fuegos artificiales
Vuelve la "Festa da Paparota" de Mondariz. Ofrece una peculiar "comilona" con algunos de los ingredientes habituales en cocinas de Galicia
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL