“Vincular un concepto tan galego como a gastronomía co mundo do Pergamiño Vindel”, esa é a filosofía do VindeTapas, o concurso de tapas que percorre en xaneiro e febreiro diferentes concellos da Ría de Vigo.
O elemento diferencial, tratase de cociñar tapas eliminando aqueles elementos que na cociña precolombina non conformaban a nosa dieta, como a pataca, o tomate ou o pemento, e incluír aqueles outros que agora se empregan menos pero que eran moi habituais.
Ao igual que en Redondela, o concurso comeza este venres, 12 de xaneiro, e rematará o domingo, día 21. Son nove establecementos participantes os que ofrezan estes petiscos a un prezo de 2,5€. Os horarios son de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas, ainda que cada local poderá amplialos.
Os que presenten a papeleta, que se entregará a cambio de cada tapa e na que os asistentes votarán a mesma, poden optar a un circuíto termal para dúas persoas no Talaso Atlántico de Oia, unha cea para dúas persoas no Talaso Atlántico de Oia, dous lotes de Galicia Calidade, un lote de Vía Romana ou un lote de Nordesia Vermú.
Os comensais que completen o pasaporte do Vindetapas -os selos dos nove establecementos- poderán gañar unha fin de semana en Talaso Atlántico de Oia, unha noite para dúas persoas nun local de Galicia Calidade ou unha noite para dúas persoas na Cabana da Fraga de Liño.
A organización dará un terceiro, segundo e primeiro premio tanto aos locais coa mellor valoración por parte do público como a aqueles que ditamine un xurado profesional.
Codornices Cortesanas, Taberna A de Sabas
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL