O Concello de Nigrán inicia esta fin de semana unha programación especial de maio adicada a conmemorar as Letras Galegas. Así, como en anteriores edicións, o muíño de Porto do Molle será un dos principais escenarios cun concerto este sábado 16 ás 20:00 horas da banda Zanfona ETRAD Ensemble, dirixida polo mestre titular Anxo Pintos e conformada por unha vintena de zanfonistas (a máis grande de España), estes tocarán repertorio tradicional galego vocal e instrumental e outro tipo de melodías de diferentes folclores.
No propio día das Letras Galegas, o domingo 17, a comisión de festas do Torreiro de Priegue e o Concello organizan unha xornada completa de exaltación da nosa lingua e cultura con música ao vivo desde as 11:00 horas, zona de cantina para comer, xogos populares a partir das 16:00 horas e ás 18:00 horas actuación de Ardentía.
Adicionalmente, tamén o domingo 17 a Coral Novos Aires de Nigrán ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras acompañada da Coral Polifónica Amadeus (Vilagarcía de Arousa) a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.
A programación continúa o sábado 23 ás 20:00 horas no Muíño de Porto do Molle coa actuación da banda de gaitas da ETRAD, dirixida polo mestre titular Xaquín Xesteira.
Finalmente, o domingo 7 de xuño terá lugar o espectáculo familiar de música e narración oral ‘As mil e unha’, de Vero Rilo e Luis Iglesias en homenaxe a Begoña Caamaño (12:00 horas, Auditorio Municipal). “Fixemos unha programación para todos os públicos pensada para exaltar a nosa lingua e, ao mesmo tempo, para dar a coñecer á infancia a figura de Begoña Caamaño”, explica o alcalde, Juan González.
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Piratas de Nabia reanuda este "crucero gastronómico", la "Ruta del Pulpo" con salidas desde Vigo, Pontevedra y Bueu
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL