• Fiestas de Bouzas
  • Encuesta Elecciones
  • Alerta calor Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Uber Vigo
  • Conciertos Villa Solita
  • Tren histórico Vigo
  • Sondeo Problemas Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

Conta atrás para a nova edición do MUMI, que contará cun concerto de apertura moi especial

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/09/2023

O MUMI chega á súa 4ª edición co obxectivo de seguir construíndo novas e mellores formas de traballar pola música en vivo. Con ese propósito, a feira presenta un bo feixe de novidades como a colaboración coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa, que abre as nosas músicas ao mercado internacional; ou o Espazo Loja destinado á promoción dos traballos publicados polas editoras musicais.

Do 21 ao 24 de setembro, a eurocidade Tui-Valença volverá vibrar cun Encontro Profesional de Músicas que prevé acoller a máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa para presentarlles propostas artísticas nas que se mesturan os novos traballos de proxectos consolidados coa vibrante nova escena musical que está agromando. Un total de 20 bandas e artistas que abrazan a diversidade estilística e que comparten en moitos casos un sustrato onde as músicas de raíz son a fonte da que beber. Unha selección de moitísima calidade onde estarán representadas as músicas tradicionais, o rock, a electrónica, o jazz, as músicas urbanas, o indie-pop ou a canción de autoría, e que dan boa conta do gran momento creativo que viven os dous territorios.

Másnoticias

Bañistas en Playa América, Nigrán // GLORIA MONTENEGRO

Tui "tiene playa" en verano, activan un bus a Playa América dos meses: estos son los horarios

01/07/2025
Festivaleras disfrutando de ShowRocking // PORTAMÉRICA

Las Rías Baixas tienen el festival donde mejor se come de España: estos son grandes chefs de PortAmérica

01/07/2025

Concerto Especial de Apertura

O xoves 21, ás 20:30, o Teatro Muncipal de Tui acollerá un espectáculo creado ad hoc para a apertura do encontro, que vai rendir homenaxe ás músicas de raíz nun concepto no que se abrazan as músicas de unha e outra beira do Atlántico. Desde Brasil, Destino do Clã reúne aos músicos Nanan, Gustavito e Luizga, imbuídos da inluencia das culturas indíxenas e a ancestralidade suramericana, que eles recrean en cancións e arranxos que reverencian este rico territorio de coñecemento e sabedoría. Desde Portugal, O Gajo presenta o encontro de João Morades coa Viola Campaniça, un instrumento de raíz tradicional portuguesa co que explora novos territorios sonoros e ao que se une o Grupo As Sanfonas da Ponte Vella. E desde Galiza, Encaixe completará a proposta artística do concerto de apertura achegando as voces de 18 cantantes que propoñen un novo concepto de coro, recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor proxecto de música vocal, e desde onde fan unha aposta forte pola música galega contemporánea, con versións vocais de grupos como Marful, Narf ou Malandrómeda, e tamén pola música lusófona, con versións do Zeca Afonso ou Djavan, entre outros. Tres propostas artísticas de Portugal, Galiza e Brasil que ensamblarán as súas músicas para ofrecer ao público un espectáculo ao vivo irrepetible que supón toda unha declaración de intencións do traballo que pretende desenvolver a feira. O acceso a este concerto será libre ata completar aforo.

Programa de Showcases

Despois dun duro proceso de selección entre 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI seleccionou 14 nomes de Galiza e Portugal para amosar ao público, profesional e tamén xeral, o interesante abano de músicas que conviven na escena actual. Galiza presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta. Desde a equipa organizativa destacan que “a diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2023, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da música tradicional á electrónica, pasando polo jazz, o pop, as músicas urbanas ou a canción de autoría, os showcases programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Miño cunha presencia moi destacada das músicas que experimentan a partir da raíz, e que felizmente non deixan agromar. Un total de catorce propostas de bandas e artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, que xa están funcionando moi ben nos seus territorios e queren abrirse a outros mercados, o que desde a equipa organizadora do MUMI valoran como “un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI”. Ao programa de showcases, sumaranse as propostas de Dj Gaiteirinho e Dj Ábrete de Orellas no ESPAZO OFF na noite do venres e o sábado respectivamente. E o domingo ao mediodía, os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze presentarán as súas propostas nunha sesión de música aberta ao público xeral dentro da Fortaleça de Valença.

Espazo Loja

O MUMI contará a partir desta edición cunha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa, dentro do apartado bautizado como Espazo Loja, e concebido como un Encontro de Editoras Musicais. O Espazo Loja estará funcionando o sábado 23 de setembro no Hall do Teatro Municipal de Tui, en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:30h, e acollerá os catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora. Ademais, presentarase neste espazo a novela gráfica Zeca Afonso. A Balada do Desterro, da ilustradora portuguesa Maria João Worm e a escritora galega Teresa Moure, editada conxuntamente por aCentral Folque e Tradisom.

Faladoiros e Speedmeetings

Ademais das propostas artísticas o encontro presenta tamén un programa de encontros nos que as empresas e profesionais da industria da música de Galiza e Portugal terán a oportunidade de programar reunións de negocios dentro da axenda de speedmeetings e de asistir a sesións de traballo onde se tratarán asuntos que ocupan e preocupan ao sector. A comercialización dixital da música, as claves para a contratación artística transfronteiriza, conseguir audiencias para músicas non maioritarias, financiar proxectos musicais com fondos europeos, ou como coidarse no contexto de precariedade do sector da cultura, serán algúns dos temas que aborden os faladoiros programados para as xornadas do venres 22 e sábado 23 de setembro na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, que acollerá a ZONA PRO desta 4ª edición da feira.

Dentro da programación de speedmeetings, xa está confirmada a asistencia de profesionais programadores de entidades públicas galegas e portuguesas dos territorios de As Pontes, Padrón, Carral, Boiro, Ames, Carballo, Cedeira, Palmela, Póvoa do Varzim, Matosinhos ou A Guarda. Participarán ademais entidades programadoras do ámbito privado, como os festivais, Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Minho Reggae, Elas Son Artistas, Gaia World Music e Palheta Bendita - Santo Tirso. Está confirmada tamén a participación de representantes das axencias Charlatana, La Yogurtera, Esmerarte, Correveydile, Indieror, Sounds Good e D’Orfeu Águeda; e das salas Mardi Gras, e A Pousada da Galiza Imaxinaria.

As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a través da páxina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos entre profesionais. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

Temas: festivales de músicafestivales de música en GaliciaO Baixo MiñoTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

C. Castrillón
Qué hacer

Las Fiestas de Bouzas ya tienen programa con una orquesta top y temática de sus fuegos

Conciertos, grandes verbenas, con orquestas como El Combo, animación infantil y fuegos artificiales. Esto es lo que habrá en las Fiestas de Bouzas

PorIván Dacal
02/07/2025
Qué hacer

O Porriño propone un verano de baile y diversión con clases de zumba gratis

El Concello de O Porriño busca fomentar el ejercicio al aire libre, así que este verano opta por ofrecer clases de zumba totalmente gratuitas.

PorShelly Villaverde
02/07/2025
Foto: Isla de Tali
Qué hacer

"La Isla de Tali" anuncia una semana de actividades en Nigrán para ayudar a los animales sin hogar

Este refugio de Nigrán programa una semana de solidaridad con los animales. Así son las actividades que propone para ayudar

PorAlfredo Teja
02/07/2025
ALBA RODRÍGUEZ
Espectáculos

Arrancan las representaciones teatrales en la Villa Romana de Toralla para todo Vigo

Vuelve a la vida la Villa Romana de Toralla con espectaculares teatralizaciones este verano. Vigo disfrutará de bodas, gladiadores y mucho más

PorAlfredo Teja
02/07/2025
Enfoque

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

PorMetropolitano
02/07/2025

O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X