A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de chegar a un acordo co Centro Galicia de Bos Aires para exhibir por vez primeira en Galicia a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ‘A derradeira leición do mestre’, cadro que nunca ten saído de Arxentina e que se considera clave na traxectoria do intelectual e artista de Rianxo.
Este óleo de dous metros de altura, que se atopa nas dependencias do Centro Galicia de Bos Aires, formará parte dunha exposición sobre Castelao prevista no Museo Centro Gaiás da Cidade de Cultura para o último trimestre deste ano.
O acordo prodúcese despois dunha negociación co Centro Galicia de Bos Aires que iniciou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, durante a súa viaxe a Bos Aires con motivo da última edición da Feira do Libro. A cesión temporal da obra materializarase a mediados do vindeiro mes de febreiro coa sinatura dun convenio.
A Consellería de Cultura, que agradece a boa disposición da directiva do Centro Galicia de Bos Aires, está a precisar agora as condicións técnicas deste préstamo co fin de conseguir que o traslado desde a Arxentina se realice coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis elevados.
Nado en Rianxo no 1886, Castelao viuse obrigado a emigrar a Bos Aires, cidade na que morreu o 7 de xaneiro do ano 1950. É no ano 1945 cando Castelao pinta este óleo baseado na estampa número 6 do libro “Galicia Mártir” e na que retrata a un mestre asasinado ante dous rapaces que se laian conmocionados.
A exposición sobre Castelao forma parte da programación do Museo Centro Gaiás para o 2018, na que tamén se inclúen outras dúas mostras destacadas. Por unha banda, ‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’, a maior exposición sobre artes plásticas galegas realizada nos últimos anos, e ‘Pestana. A verdade entre as mans’, un proxecto realizado en colaboración co Instituto Cervantes na que se recupera a obra dun fotógrafo galego recoñecido polos retratos de xenios literarios do século XX.
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado
Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis
Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL