• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Música

A música de Ses e o humor de Leo Bassi súmanse ao cartel definitivo do Morrasound

A música de Ses e o humor de Leo Bassi súmanse ao cartel definitivo do Morrasound
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
05/05/2018

O misterio xa está resolto. Morrasound 2018 xa ten cartel definitivo. Os xardíns do Concello do Moaña foron o escenario da presentación das últimas seis confirmacións deste evento musical que terá lugar no Mirador da Fontenla os días 6 e 7 de xullo. Ses, Los Wavy Gravies, Rockin’ Gina & The Sentinels, The Soul Jacket, The Phantom Club e The Parkinsons súmanse aos nomes de Agoraphobia, Guadalupe Plata, Ruxe Ruxe e Los Deltonos.

O Morrasound 2018 volve ser moito máis que música. O teatro será de novo protagonista coas actuacións de Leo Bassi, Pajarito e Peter Punk e Brais das Hortas.

Másnoticias

Las Festas da Peregrina desvelan un nuevo concierto gratis, un mítico grupo pop actuará en Pontevedra

Pontevedra presenta el programa de la Peregrina al completo, de artistas emergentes a voces míticas

20/07/2026
Arrancan las fiestas de San Roque en Vigo con cuatro días de conciertos y un renovado mercado

Una de las mayores fiestas de Vigo anuncia su cartel de conciertos gratis, así será la Romería de San Roque

16/07/2026

O deporte tamén será importante nesta terceira edición do Morrasound. Nesta ocasión o Dirt Jump cambia por unha competición de bikes chamada Speed & Style.

Na presentación desta mañá, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, mostrou a súa satisfacción por poder contar coa galega Sés no festival, "xa o pediramos nunha carta aos reis magos", bromeou. A rexedora finalizou a súa intervención destacando que "O Morrasound fará de Moaña a capital do rock e do bo rollo". Pola súa parte, o presidente de Fontenla, Óscar Rivas, destacou que catro das dez bandas son pontevedresas o que "demostra a boa saúde do rock na provincia".  Este ano, o festival contará ademais co patrocinio de Super Bock. O brand manager da cervexeira, Bruno Lopes, expresou o seu desexo de que o Morrasound 2018 sexa "brutal".

Una publicación compartida por Metropolitano.gal (@metropolitanovigo) el May 5, 2018 at 7:36 PDT

A presentación do Morrasound xa demostra que estamos ante un festival distinto. Tras o anuncio definitivo do cartel, o grupo Pegas Negras ofreceu un concerto en “sesión vermú” como aperitivo do festival que haberá en xullo nun lugar como o Mirador da Fontenla.

Nun calendario repleto de festivais, o Morrasound decidiu mudarse. Deixou atrás o mes de setembro para citar aos amantes do rock en pleno verán na parroquia moañesa de Domaio. As datas coinciden cun dos potentes dos RíasBaixasFests, o PortAmérica, aínda que os seus organizadores sinalan a “diferenza de públicos” para a elección da localización no calendario. “Barallamos os diferentes fins de semana do verán e coordinámonos co Concello para elixir a mellor opción”, explicaba hai unhas semanas para Metropolitano. gal Óscar Rivas, presidente da Asociación Cultural Fontenla, organizadora do evento.

Morrasound 2018, na procura dun festival “total”

Unha das obsesións que este ano rolda a cabeza dos organizadores é alzarse como unha cita da que gocen todos, desde os máis pequenos aos maiores. “Traballamos moito para mellorar os eventos en horario diúrno para as familias, é nosa gran prioridade”, afánase en destacar Rivas.

O Morrasound quere potenciar o seu ambiente familiar durante o día namentres mantén a súa filosofía durante a noite. “Somos conscientes de que as normas habituais dos festivais, como prohibir o acceso con comida dificulta moito as cousas ás familias, por iso estamos a pensar como puír estes detalles”, explica o presidente da Asociación Cultural Fontenla.

Prezos axustados

Aínda que o Morrasound 2018 coincide cun dos pesos pesados do ambiente festivalero como é o Portamérica, Óscar Rivas asegura estar “satisfeito” coas datas elixidas.

O certo é que unha das diferenzas do festival de Domaio atópase no custo das entradas, que adoitan situarse entre os 15 e os 25 euros. Un prezo moi inferior ao habitual e que permite que toda a familia acuda ao evento sen baleirar o peto. “Facémolo de forma altruísta para gozar da música e do mellor ambiente e, por iso, mantemos unha entrada mínima”, recoñecen desde a organización.

Así, os primeiros 100 abonos sairán a un prezo de 15€. Unha vez esgotados, os abonos medrarán a un prezo de 20€ e, por último, o prezo en despacho de billetes será de 25€. As entradas por día terán un prezo único de 15€.

Temas: conciertosconciertos en MoañaDomaiofestivalesfestivales de músicafestivales de música en GaliciaMirador da FontenlaMoañaMorrasoundMorrasound 2018música en directo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Más de ocho horas de música electrónica en uno de los mejores miradores de la ría de Vigo
Música

Un evento gratuito convertirá una azotea de Vigo con vistas a las Cíes en el epicentro de la música electrónica

Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo
Música

Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

Cerca de 300 personas hicieron noche en Castrelos para ser los primeros en conseguir las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

PorCarlos I. Castrillón
21/07/2026
La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui
Qué hacer

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui

PorUxía Pérez
20/07/2026
Cócteles, tapas exclusivas y conciertos, descubre el nuevo festival gastronómico que nace en Nigrán
Qué hacer

Cócteles, tapas exclusivas y conciertos, descubre el nuevo festival gastronómico que nace en Nigrán

El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo

PorSara Rodríguez
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X