Despois de tres intervencións artísticas nas rúas de Vigo, o proxecto “Vigo Rebelde, o metal en loita” presenta as súas conclusións nunha exposición participativa no MARCO de Vigo. A mostra, que poderá visitarse entre hoxe, 18 de agosto, e o 18 de setembro, amosará os resultados das iniciativas levada a cabo entre xullo e agosto xunto coa veciñanza de Teis.
A derradeira intervención tivo lugar no Monte da Guía, cunha exposición fotográfica sobre o pasado obreiro de Teis. A primeira consistiu nun mapexo colectivo e participativo, celebrado no Mercado de Abastos de Teis. Namentres que a segunda traduciuse nun roteiro que percorreu os principais puntos do movemento obreiro dos 70, pasando por Vulcano ou a empacadora, en Guixar.
Seguindo os pasos previos do proxecto de empoderación cidadá, a inauguración da mostra comezará cunha saída colectiva dende O Sereo este venres, 18 de agosto, ás 19:00 horas, para chegar ao ao Salón do Marco, onde se poderá desfrutar da exposición con entrada gratuíta.
A mostra, coordinada polo comisario do MARCO Fran Quiroga, está dirixida por Adela Vázquez xunto cun equipo formado por Fran García Fernández, Diego Lores, Xavier Dapena, Manuel Gil, María Ríos, Fon Cortizo, Cristina García, Nuria Barreras, Rita Bouby, María Pose, María Isabel Blanco, Benito Santos, Xenoveva Cordeiro, Basilio Aragón, Eduardo García, Plan Comunitario de Teis, Asociación de Veciños de Teis, Asociación Xaruma.
O proxecto “Vigo Rebelde, o metal en loita” forma parte da iniciativa BIComún, que une os conceptos de BIC –os Bens de Interese Cultural- e o procomún – os bens que pertencen a todos, que herdamos, creamos conxuntamente e que queremos entregar ás xeracións futuras-. Deste xeito, faise referencia á necesidade de protexer, dinamizar os elementos patrimoniais vencellados ao espazo público. Trátase tamén de crear un novo modelo de xestión social dos bens culturais noso territorio.
El alcalde de Ourense desveló un nuevo concierto en las fiestas de la ciudad. Se suma al cartel una de las estrellas del reggaeton
Cuenta atrás para celebrar Salvaterra Milenaria, la fiesta de época que celebra los 1.000 años de historia del concello miñoto
El evento que triunfó en Vigo para runners repite en Vigo con una nueva edición de B(run)ch donde conocer gente y hacer deporte
El Festival de Cans convierte a O Porriño en el epicentro del cine nacional con personalidades como Alfonso Zarauza o Daniel Sánchez Arévalo
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL