A diversidade ben merece unha festa, un evento que permita dar visibilidade a todas as opcións e identidades. Moaña prepárase para acoller a segunda edición da súa Festa da Diversidade, unha cita que xa foi un éxito na súa estrea o pasado ano e que neste 2019 repite coa filosofía de facer unha metáfora na que se dea a entender que todos somos persoas independentemente do noso xénero, sexo biolóxico ou identidade sexual.
A Festa da Diversidade de Moaña constará de tres xornadas de troula. O evento comeza este xoves 30 de maio no Salón de Plenos do Concello coa presentación do libro “22 segundos”, obra de Eva Mejuto baseada na historia persoal de Marcos Ceive. Ambos estarán presentes no “bautismo” da publicación que terá lugar ás 22:00 horas e que, ademais contará coa música de María Faltri, compoñente do grupo de Folk Faltriqueira e coñecida tamén por ser a voz da obra “A nena e o grilo nun Barquiño”.
O venres 31 de maio terá lugar un dos momentos máis simbólicos e importantes da Festa da Diversidade. O espírito deste evento terá a súa pegada no Xardín do Concello, lugar onde ás 20:00 horas inaugurarase o Banco Trans, un banco que acompañará ao banco da diversidade que forma parte da paisaxe do entorno da Casa Consistorial dende o ano pasado. Pouco despois, ás 20:30 horas, a actividade regresara ao Salón de Plenos, onde Ada, Hugo e Rihanna comentarán as súas experiencias nunha charla-coloquio.
https://www.youtube.com/watch?v=sNvsJlilXvI
A segunda edición da Festa da Diversidade de Moaña rematará o sábado 1 de xuño cunha especie de festival no parque da Xunqueira. A festa comezará ás 21:00 horas coa música de Habana e proseguirá con diferentes actuacións ata ben entrada a madrugada. O popular grupo de versión Cherry Sweet se subirá ao escenario ás 23:00 horas mestres que Angélica Naia fará o seu espectáculo aos 00:30 horas. O evento pecharase cunha sesión de Fonkid.
Os asistentes aos concertos terán a súa disposición barras con bebida e comida que porá a Asociación Cultural A Fontenla. A Festa da Diversidade é unha cita organizada polo Concello de Moaña en colaboración coa AC A Fontenla, e os bares Estadio e As Barxas. Á presentación do evento acudiron a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Coral Ríos; o concelleiro de Mocidade, Pablo Ríos; a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, María Ortega; e organizadores do evento.
Nace una travesía natural en kayak o paddle surf para conocer de una forma única una de las joyas naturales de Pontevedra
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía
Sabor a mar y conciertos gratis junto a la Ría de Vigo. El festival más gastronómico de la ciudad desvela su cartel musical para el verano
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL