• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

A Festa do Polbo de Bueu volve cunha trintena de especialidades e actividades culturais

A festa do polbo de Bueu celebra a súa maioría de idade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/08/2019

O Concello de Bueu, xunto coa Confraría de Pescadores San Martiño, organiza do 9 ao 11 de agosto a vixésima edición da Festa do Polbo, que se celebrará no campo da Estacada e que ofrecerá a posibilidade de degustar arredor dunha vintena de especialidades e formas de cociñar este cefalópodo. Ademais diso, e como vén sendo habitual, a gastronomía combinarase cunha programación cultural e festiva, coa que “seguimos evolucionando pero sen perder a tradición”, tal e como declarou a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, durante a rolda de prensa celebrada este xoves, na que estivo acompañada de José Manuel Rosas, patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, Mercedes González, de Frigoríficos Rosa de los Vientos, Carla Álvarez, de Casa Acuña e Eloy Entenza, de Marino’s Barber Shop.

Silvia Carballo destacou que “celebramos unha edición moi especial, pois cumprimos vinte anos promovendo o Polbo das Rías”. A edil salientou que desde o Concello se comezará a traballar para conseguir a declaración de festa de interese turístico galego, xa que se trata dun evento que “pon en valor o noso produto e a tradición e historia mariñeira, a de homes e mulleres que mantiveron estas artes de pesca de xeración en xeración”.

Másnoticias

Últimas plazas para disfrutar de dos rutas gratuitas por Monteferro y Praia América en Nigrán

El cadáver momificado hallado en Monteferro, Nigrán, era el de un vecino de Cangas de 43 años

03/06/2026
Evacúan en helicóptero a un hombre tras cortarse con una motosierra trabajando en las Cíes

Fallece un hombre que cayó al mar mientras pescaba en Cabo Udra, en Bueu

31/05/2026

Os postos de O Rincón de Cela, Rosa de Los Vientos e Casa Acuña estarán abertos o venres de 19:30 a 00:00 horas. Nese mesmo día, ás 20:30, o grupo Polo Correo do Vento impartirá unha sesión de contacontos ilustrado de temática mariñeira para a rapazada no mesmo espazo da carpa da Estacada.

A inauguración oficial será o sábado ás 12:00 horas, coa lectura do pregón a cargo de Marta Currás, escritora residente en Vigo pero con raíces na vila bueuesa. Bióloga de profesión, Currás defínese como unha lectora voraz que imaxina historias desde os tres anos, e desa mente desbordante naceron as novelas Templados por el sol, mecidos por el viento (Premio Círculo de Lectores 2018) e La memoria de las olas (Premio Nostromo de literatura marítima).

A continuación, ás 12.30 horas, terá lugar unha sesión vermú amenizada polo grupo Fanfarria Taquikardia, coa que se ofrecerá un pack de tapa e vermú galego por 6 euros, proposta que naceu o ano pasado para chegar ao público máis novo e que tivo grande acollida; e á que seguirá unha exhibición de barbería tradicional a cargo de Marino’s Barber Shop. Segundo avanza Eloy Entenza, “realizarei unha demostración de afeitado e de corte de pelo clásicos”.

Xa pola noite, ás 22:30 horas, a actriz e humorista galega Isabel Risco presentará o seu espectáculo “Nabiza Girl!”, no que se interpreta a unha súper heroína rural galega con denominación de orixe protexida.

O domingo, ás 12 da mañá, o grupo Retrouso amenizará a sesión vermú, e pola noite, ás 19:30 horas o programa cultural rematará co concerto infantil de “O Capitán Garfo”. Destacable desta edición é o pulo das actividades infantís, motivo polo cal haberá un espazo para a rapazada que conta con xogos cedidos polo CEIP Montemogos de Beluso.

Horarios e especialidades

A festa arrancará o 9 de agosto ás 19:30 h, momento dende o que xa se poderá gozar das especialidades e do polbo á feira, que tamén serán ofertados o sábado e domingo de 12:30 a 16:30 e de 19:30 a 00:00. As variedades terán un custe de 6 euros e de 10 euros, segundo a ración, e serán ofrecidas por tres establecementos: O Rincón de Cela, Frigoríficos Rosa de los Vientos e Casa Acuña.

Rosa de los Vientos disporá, por un custe de 6 euros, de empanada de polbo de trigo e de millo, croquetas de polbo á feira, arroz de polbo e fabas con polbo; e por 10 euros, polbo á prancha con cachelos, polbo frito en Aires de Jaén, polbo á feira, e polbo á galega (en caldeirada). O Rincón de Cela presentará empanada de polbo de millo e trigo, croquetas de polbo, e paté de polbo, todas por 6.00 €; mentres que por 10 €, os e as comensais poderán probar polbo ao allo con berberechos, polbo á feira, polbo á prancha, polbo en caldeirada, hamburguesa de polbo e pizza de polbo. Por último, Casa Acuña disporá, por un prezo de 6.00 €, de empanada de polbo de millo e trigo, croquetas de polbo e queixo de tetilla, tosta de polbo, arroz de polbo e taco de millo con polbo; e por 10 €, polbo á feira, polbo e Arzúa, polbo en caldeirada, polbo grellado con puré de pataca e polbo ao Albariño e mollo verde.

Temas: Bueufiestas en Galiciafiestas gastronómicas en Galiciafiestas gastronómicas en Vigo y su áreaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nace "Desafío Verdugo", el evento popular que combina "naturaleza, deporte y buen rollo" en Pontevedra
Qué hacer

Nace "Desafío Verdugo", el evento popular que combina "naturaleza, deporte y buen rollo" en Pontevedra

Nace una travesía natural en kayak o paddle surf para conocer de una forma única una de las joyas naturales de Pontevedra

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar
Enfoque

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar

Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía
Qué hacer

Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía

PorIván Dacal
04/06/2026
Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo
Música

Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo

Sabor a mar y conciertos gratis junto a la Ría de Vigo. El festival más gastronómico de la ciudad desvela su cartel musical para el verano

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X