Nos próximos meses a Fundación Igual Arte cumpre 20 e para celebralo pensa levar todas as súas propostas artísticas a diversos espazos da cidade. Co obxectivo de achegar o seu traballo ao público vigués e reivindicar o seu espazo dentro do panorama artístico da cidade, programaranse diferentes actividades e exposicións até o mes de decembro.
O pistoletazo de saída terá lugar o xoves 13 de outubro ás 19:00 horas en A Morada coa inauguración da exposición “O lugar que ocupo?” e a proxección do espectáculo “De lo íntimo”. Pola súa parte, a exposición “De película” do Grupo Revelación da propia fundación estará dispoñible en Vialia dende o 17 ata o 21 de outubro.
Durante todas as fins de semana de novembro celebraranse diferentes actividades, e no mes de decembro terá lugar a estrea do espectáculo “Habitarme” da compañía de danza e teatro Al Lío, onde se pon o foco na muller, reivindicando o seu espazo a través da expresión corporal. Terá lugar o venres 16 decembro ás 20:00 horas no Auditorio do Concello.
Igual Arte é unha entidade que naceu co obxectivo de brindar un espazo onde as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística. Con esta idea deu comezo implementando un programa artístico, que pretende ser unha alternativa máis de lecer.
No ano 2008 deu un paso adiante, brindando ás persoas con diversidade funcional a posibilidade de profesionalizarse mediante a creación do primeiro centro ocupacional artístico. Durante estes anos foron o berce de diferentes formacións musicais (Chungo Pastel e De tapas) así como unha compañía de danza (Al Lío), un equipo de deseño gráfico (Diseñatas) e o seu actual dúo de danza acrobática e circo (Vuelta y media).
O Porriño empieza a preparar el verano con dos de sus grandes eventos. Pone fecha a Porrigalia y las Festas de San Bieito, con puestos de comida y más
Una parroquia del área de Vigo se prepara para acoger una gran fiesta de San Juan. Música, furanchos y hogueras en la noche más especial
Del concierto de Ortiga a cine al aire libre o la observación del eclipse. Esto es lo que ofrece Tomiño durante este verano
Carlos Núñez actuará en Baiona este verano dentro de su gira "Lugares Máxicos". Las entradas para la actuación ya se encuentran a la venta
A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL